Antônio José da Silva Gouveia
Zezé | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antônio José da Silva Gouveia | ||
Nacemento | 30 de xuño de 1957 | ||
Lugar de nacemento | Muriaé | ||
Falecemento | 30 de decembro de 2008 | ||
Lugar de falecemento | Recreio | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Ideal | |||
–1977 | Fluminense | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1977–1981 | Fluminense | 65 | (16) |
1982 | Guarani | 15 | (4) |
1982 | → Flamengo | 11 | (1) |
1983 | Ceará | ||
1984–1985 | América Mineiro | ||
1985 | XV de Piracicaba | ||
1986–1987 | Santo André | ||
1988–1990 | Blumenau | ||
1990 | Ribeiro Junqueira | ||
1991 | Barra Mansa | ||
1992 | Paduano | ||
Selección nacional | |||
1979 | Brasil | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Antônio José da Silva Gouveia, máis coñecido como Zezé, nado en Muriaé, Minas Xerais, o 30 de xuño de 1957 e finado en Recreio, Minas Xerais, o 30 de decembro de 2008, foi un futbolista brasileiro. Destacou no Fluminense e foi internacional coa selección brasileira,[1] coa que participou na Copa América de 1979.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na municipio mineiro de Muriaé, sendo fillo de José Gouvêa Leite e Nilza da Silva Gouvêa.[3] Comezou a xogar ao fútbol no Ideal Esporte Clube, ingresando posteriormente na canteira do Fluminense. Tras xogar co equipo xuvenil subiu en novembro de 1977 ao primeiro equipo do club tricolor, no que viviu os seus mellores anos como futbolista.[3] En 1980 gañou o Campionato Carioca, despois de derrotar na final ao Vasco da Gama no Maracanã.[4]
En 1982 foi traspasado ao Guarani de Campinas, onde formou unha destacada liña de ataque xunto a Lúcio, Jorge Mendonça, Careca e Ernani Banana.[3] O equipo acadou as semifinais do Campionato Brasileiro de 1982, sendo eliminado polo Flamengo.[5][3] A continuación o xogador quedou sen sitio no equipo e foi cedido ao Flamengo, co que xogou 11 partidos, marcando un gol.
Nos seguintes anos xogou en equipos de menor categoría e vestiu as camisetas do Ceará, o América, o XV de Piracicaba, o Santo André, o Blumenau, o Ribeiro Junqueira, o Barra Mansa e o Paduano.[3]
Trala súa retirada traballou como vendedor de automóbiles e adestrador, ata que faleceu o 30 de novembro de 2008, vítima dun infarto.[5]
Selección brasileira[editar | editar a fonte]
En 1979 foi convocado por Cláudio Coutinho para a selección brasileira, coa que debutou nunha goleada por 6-0 sobre Paraguai.[6] Foi parte do equipo brasileiro na Copa América dese ano, onde xogou media hora nun partido, de novo fronte a Paraguai, despois de substituír na segunda parte a Tita.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Zezé". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Copa América 1979". rsssf.org (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Zezé… jogar futebol, um recreio para poucos". Tardes de Pacaembu (en portugués). 25 de xullo de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2022.
- ↑ "Fluminense celebra 40 anos da conquista do Campeonato Carioca de 1980" (en portugués). 30 de novembro de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Napoleão, Antonio Carlos; Assaf, Roberto. "Zezé. Que fim levou?" (en portugués). Consultado o 24 de outubro de 2022.
- ↑ "Brasil - Paraguai 1979". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2022.
- Nados en 1957
- Nados no estado de Minas Xerais
- Finados en 2008
- Futbolistas do Brasil
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Fluminense FC
- Xogadores do Guarani FC
- Xogadores do Flamengo
- Xogadores do Ceará SC
- Xogadores do América Mineiro FC
- Xogadores do Esporte Clube Santo André
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil