Saltar ao contido

Anna Liberata de Souza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anna Liberata de Souza foi unha narradora india cuxos relatos populares foron recollidos pola autora inglesa Mary Frere no seu libro Old Deccan Days.

De Souza foi dama de compañía de Mary Frere, quen na súa estada na India, na década de 1860, lle pediu que lle narrase contos populares do país. Ela narroullos, e tamén a súa propia vida, que Frere incluíu nunha sección denominada Narrator's Narrative que precede os contos de De Souza, que Frere publicou baixo o título Old Deccan Days; or, Hindoo Fairy Legends, Current in Southern India. Collected From Oral Tradition.

De Souza proviña dunha familia de orixe lingayat de Maharastra que se convertera ao cristianismo. As súas historias, porén, son relatos hindús.[1]

De Souza referiunos a Frere en inglés, mais Max Müller observou que un deles gardaba gran fidelidade a un relato coñecido en sánscrito.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sadhana Naithani: In Quest of Indian Folktales. Pandit Ram Gharib Chaube and William Crooke. Indiana University Press. Bloomington. (Indian Edition: 2009 Orient Blackswan). P. 41
  2. Richard Mercer Dorson, History of British Folklore, Tomo 1. ISBN 0-415-20476-3. Primeira publicación en 1968. Edición de 1999-2001. Routledge. Londres. P. 884

Véxase tamén[editar | editar a fonte]