Angela McRobbie
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Universidade de Birmingham (pt) |
Actividade | |
Ocupación | socióloga |
Empregador | Universidade de Londres Goldsmiths, Universidade de Londres |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
|
Angela McRobbie, nada en 1951, é unha feminista, profesora, socióloga e teórica británica dos estudos culturais. McRobbie combina o estudo de diferentes dimensións da cultura xuvenil co desenvolvemento da teoría cultural e política.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
McRobbie fixo os seus estudos de posgrao no Centro de Estudos Culturais contemporáneos na Universidade de Birmingham. Ensinou en Londres, logo na Universidade de Loughborough e é Profesora de Comunicacións na Universidade de Goldsmiths, Londres.
O seu traballo máis coñecido xira arredor da análise do xénero na cultura xuvenil. Foi crítica respecto do traballo das subculturas do CCCS realizado por Paul Willis e Dick Hebdige, pola súa falta de consideración do xénero. Máis aínda, subliñou a necesidade de analizar a natureza da vida cultural das mulleres novas, en orde a estabelecer se se estruturaba dun xeito diferente daquel dos mozos. Este enfoque levou a escribir sobre a cultura da feminidade, os romances, a música pop e a cultura “teenybop”, a revista para mozas “Jackie”, entre outras cousas. Estes ensaios poden atoparse en "Feminism and Youth Culture" (1991).[1]
Obras[editar | editar a fonte]
- Zoot Suits and Second-hand Dress (1989)
- Feminism and Youth Culture (1991)
- Postmodernism and Popular Culture (1994)
- British Fashion Design: Rag Trade or Image Industry? (1998)
- In the Culture Society: Art, Fashion and Popular Music (1999)
- The Uses of Cultural Studies: A Textbook (2005)
- The Aftermath of Feminism: Gender, Culture and Social Change (2009)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Introducing Cultural Studies. The University of Georgia Press.