Andrés Pinilla Fraga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 Madrid, España |
Morte | 29 de setembro de 1936 (51/52 anos) Bértoa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | funcionario , político |
Andrés Pinilla Fraga, nado en Madrid cara a 1884 e finado en Carballo o 29 de setembro de 1936, foi un funcionario e político español afincado en Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi nomeado capataz de vixilantes pola Xunta de Obras do Porto da Coruña en 1920.[1] Despois foi conserxe do Colexio Notarial da Coruña. Foi vogal da directiva da Sociedade de Socorros Mútuos "El Ramo de la Virtud" en 1928.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil. O 28 de setembro apareceu o seu cadáver fusilado en Bértoa xunto co seu fillo Pedo, Juan Boedo Pardo e Francisco Miguel Fernández Díaz. Foron soterrados no cemiterio da localidade.
Os seus restos foron exhumados pola ARMH en setembro de 2023.[3][4]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou na Coruña con Honorina Calvete Bermúdez e setembro de 1907,[5] e foi pai de Pedro Pinilla Calvete.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 5-12-1920, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 30-3-1928, p. 4.
- ↑ «Día histórico» en Bértoa al encontrarse los posibles restos de los cuatro «paseados» en 1936
- ↑ Exhumados los restos de los «paseados» hallados en el cementerio de Bértoa
- ↑ La Voz de Galicia, 6-9-1907, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Andrés Pinilla Fraga na páxina web Nomes e Voces.