Alejo Ferreiro Soilán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Galicia, España |
Morte | 18 de marzo de 1916 Mondoñedo, España |
Alcalde de Mondoñedo | |
1914 – 1916 ← Francisco Díaz Portas – Ramón Martínez Insua → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , político |
Alejo Ferreiro Soilán, finado en Mondoñedo o 18 de marzo de 1916 foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Farmacéutico de Mondoñedo. Leal a Avelino Montero Villegas, foi concelleiro de Mondoñedo, primeiro tenente alcalde, e logo da morte de Francisco Díaz Portas fíxose cargo da alcaldía en xullo de 1914. Foi nomeado alcalde de Mondoñedo por Real Orde en outubro de 1914.[1] A principios de 1916 foi novamente designado alcalde por Real Orde.[2] Continuou no cargo até a súa morte en marzo de 1916.[3]
Predecesor: Francisco Díaz Portas |
Alcalde de Mondoñedo 1914 - 1916 |
Sucesor: Ramón Martínez Insua |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nova Galicia, 21-11-1914, p. 3.
- ↑ Mondoñedo 1916, un ano de hai cen anos (I)
- ↑ Mondoñedo, 21-3-1916, p. 2.