Alejandro Rodríguez Rodríguez
Alejandro Rodríguez Rodríguez (esq.) e José Manuel Domínguez Freitas | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 (69/70 anos) |
Alcalde de Oia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , corretor de seguros (pt) |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Alejandro Rodríguez Rodríguez, nado en 1954, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É corretor de seguros. Presentouse ás eleccións municipais de 2003 no concello de Oia encabezando a candidatura do PPdeG en substitución de Álvaro Miniño Rodríguez e conseguiu se-la candidatura máis votada, aínda que perdeu a maioría absoluta da que gozaba ata entón o partido. Porén, foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada ó non chegar a un acordo os demais grupos. Ó longo dese mandato conseguiu gobernar grazas ó apoio dun edil tránsfuga socialista. Nas eleccións municipais de 2007 e 2011 foi reelixido alcalde con maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, aínda que foi forza máis votada con 4 dos 11 edís. Desta forma, perdeu alcaldía ó votar o PSdeG con 3 concelleiros, Converxencia Galega con 3 e o BNG con 1, á candidata socialista Rosa María Otero Carballa como nova alcaldesa[1] Meses máis tarde, en outubro de 2015 renuncia á súa acta de concelleiro en Oia motivado pola perda de votos nas eleccións municipais[2], aínda que posteriormente dita dimisión se interpretou que estaba motivada para facilitar a posterior moción de censura presentada polo seu partido e Converxencia Galega que lle devolvería a alcaldía ós populares o mes seguinte de novembro.
Predecesor: Álvaro Miniño Rodríguez |
Alcalde de Oia 2003 - 2015 |
Sucesor: Rosa María Otero |