Alberto Carpo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1936 León, España |
Morte | 11 de xaneiro de 2015 (78 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Alberto Álvarez Martín, chamado artisticamente Alberto Carpo, nado en León o 21 de decembro de 1936 e finado na Coruña o 11 de xaneiro de 2015, foi un pintor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mudouse coa súa familia á Coruña cando aínda era un neno[1], e na cidade herculina botou a maior parte da súa vida. En 1960 abandonou os seus estudos universitarios para formouse en París, primeiro no deseño de moda e logo nas artes gráficas e deseño publicitario. Despois de cinco anos na capital francesa proseguiu a súa carreira en Barcelona, Madrid e finalmente na Coruña[2].
Alberto Carpo foi encadrado no grupo A carón coruñés, a canda Mon Vasco, Xoti de Luis, Manuela Folgado, Jaime Cabanas, Xosé Tomé, Elvira Blanco, José Eduardo Martínez, Chelín, Rafael Correa Corredoira, Enrique Ferrer e Alberto Permuy[3].
A súa arte é fundamentalmente figurativa, onde predominan a representación de mulleres. Tamén destacou como retratista de personalidades do seu tempo, entre os que estiveron Camilo José Cela ou Manuel Fraga, e como autor de autorretratos.
Obra[editar | editar a fonte]
Parte da súa obra foi adquirida por algunhas das coleccións de arte máis importantes de Galicia, como a de ABANCA, a da Deputación da Coruña ou a do Concello da Coruña.
En 2011 expuxo na Coruña, comisariada polo concello, unha antolóxica da súa obra titulada Testemuño.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Alberto Carpo pintor, TV Coruña, 2010, publicado en YouTube en 2012.
- ↑ Adeus a Alberto Carpo Arquivado 18 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., Vivir na Coruña, revista cultural coruñesa, 11 de xaneiro de 2015.
- ↑ Mon, Fernando, Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, 1987.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alberto Carpo na Fundación María José Jove (en castelán).
- Reportaxe de TV Coruña sobre o autor (2010-12)