Alba Guzmán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 2003 (21 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Pai | Óscar Guzmán |
Alba Guzmán Falcón, nada en Ourense o 24 de maio de 2003, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo secundaria no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Estuda Enxeñaría Biomédica na Universidade de Vigo. Gañadora do certame Xuventude Crea de novela curta por Xoaniña de Deus,[1] con 19 anos xa levaba gañados premios en 22 certames literarios[2], entre os que destacan o de microrrelatos da Real Academia Galega[3], os Premios Minerva[4] ou o do Concello de Ames.[5]
Confesa nunha entrevista[6]:
Xa levo un par de anos adicándome a escribir e a ser un pouco activista cultural defendendo a literatura galega, pero realmente eu quero seguir adicándome á ciencia. Considérome unha persoa multidisciplinar, no colexio sempre che meten na cabeza que es de ciencias ou de letras, pero non, pódenche gustar as dúas cousas e non pasa nada, pódese ser escritora e enxeñeira.
Sobre a obra Xoaniña de Deus sinala[6]:
“Xoaniña de Deus” é a protagonista da novela, é unha muller que padece alzhéimer, e a obra supón unha especie de berro polas persoas que están a perder a memoria. Desenvólvese en capítulos curtos, que contan a historia que está a suceder no presente, e capítulos longos que son os diarios que Xoañiña vai escribindo para poder lembrar cousas e poder volver a lelas coma se fora a súa vida, e vainos descubrindo moitos personaxes, sentimentos de toda a súa vida, e as súas derrotas e vitorias.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É filla de Óscar Guzmán.[7]
Publicacións[editar | editar a fonte]
- Xoaniña de Deus (2022). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-1110-170-7.[8] ePub: ISBN 978-84-1110-179-0.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "O certame Xuventude Crea 2021 premia un poemario de Brais Lamela e unha novela curta de Alba Guzmán". La Voz de Galicia. 2021-11-01. Consultado o 2022-10-19.
- ↑ "Alba Guzmán: «Na escola, en lugar de baixar ao recreo ía a biblioteca para rescatar un libro»". La Voz de Galicia. 2022-01-17. Consultado o 2022-10-19.
- ↑ Diario, Nós (2021-05-08). "Álex Gallego e Alba Guzmán gañan o IV Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal". Nós Diario. Consultado o 2022-10-19.
- ↑ "Alba Guzmán e Lara Hernández son as gañadoras dos Premios Literios Minerva". peleteiro.com. Consultado o 2022-10-19.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-10-19.
- ↑ 6,0 6,1 Región, La (2021-11-19). "Alba Guzmán: “Gústame a ciencia, pódese ser escritora e enxeñeira”". La Región. Consultado o 2022-10-19.
- ↑ "O pai e a filla que lograron o soño común de ser escritores". La Voz de Galicia. 2023-04-17. Consultado o 2023-04-17.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-10-19.
- ↑ "Con 19 anos e xa ten novela de Xerais". La Voz de Galicia. 2022-11-02. Consultado o 2022-11-03.