Aguia pomerana
Aguia pomerana | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Clanga pomarina' Brehm, 1831 | |||||||||||||||||
Verán (verde claro) e inverno (azul)
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Aquila pomarina |
A aguia pomerana (Aquila pomarina) é unha ave rapaz.
Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]
É unha aguia de tamaño pequeno, cunha lonxitude de entre 55–66 cm, unha envergadura entre 143–168 cm e cun peso entre 1100 e 2000 gramos. De cor parda, máis clara cá aguia manchada. As femias son idénticas ós machos.
Aliméntase de roedores, anfibios, pequenas aves e insectos. O seu hábitat máis habitual en Europa son as fragas con presenza de auga.
Reprodución[editar | editar a fonte]
A cría realizase en Europa entre os meses de abril e xuño. A posta consiste en dous ovos cun tempo de incubación de 38-41 días. Os polos permanecen no niño entre 50-55 días.
Distribución[editar | editar a fonte]
Dende abril a setembro permanece en Europa, dende a parte máis Oriental de Alemaña ata o Extremo Occidental de Rusia. Do norte ó sur, esténdese dende os Países Bálticos ata Grecia, Turquía e os países do Cáucaso. Esporadicamente, observable durante a migración, en Italia e Oriente Próximo. Pasa o inverno en África.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
- Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest. (en castelán)
- ↑ BirdLife International (2013). "Aquila pomarina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.