Agrupación Nacionalista Independente
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Lu%C3%ADs_Seoane_en_Buenos_Aires_en_1955.jpg/220px-Lu%C3%ADs_Seoane_en_Buenos_Aires_en_1955.jpg)
A Agrupación Nacionalista Independente foi unha organización política de carácter galeguista fundada en 1931 e que se integrou no Partido Galeguista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A Agrupación Nacionalista Independente fundouse por iniciativa de Xoán Xesús González en Santiago de Compostela en 1931, o seu presidente era Lois Tobío Fernández, o vicepresidente Ricardo Carballo Calero, o secretario xeral o propio Xoán Xesús e o secretario de actas Luís Seoane.
A principal actividade do grupo consistiu na organización do primeiro gran mitin galeguista que se celebrou tras a constitución da II República e que se celebrou en Compostela o 10 de maio e no que interviron Castelao, Valentín Paz Andrade, Álvaro das Casas e Ramón Otero Pedrayo entre outros. O grupo integrouse no Partido Galeguista, o que levou ao abandono de Xoán Xesús González.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marcos Seixo, Limiar en A modelo de Paco Asorey, Xerais, 2002