Adriana Lastra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Adriana Lastra Fernandez 30 de marzo de 1979 (45 anos) Ribeseya, España |
Deputada de España | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Asturias (en) | |
Deputada de España | |
8 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Asturias (en) | |
Deputada de España | |
14 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias (en) Electa en: eleccións ao Congreso dos Deputados de 2016 | |
Deputada de España | |
11 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias (en) Electa en: eleccións ao Congreso dos Deputados de 2015 | |
Deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias | |
21 de xullo de 2007 – 16 de xuño de 2015 Circunscrición electoral: Eastern District (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua asturiana e lingua castelá |
Adriana Lastra Fernández, nada en Ribeseya o 30 de marzo de 1979,[1] é unha política española do PSOE[2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cursou antropoloxía social, sen chegar a rematar a carreira[3][4]. Con 18 anos entrou nas Xuventudes Socialistas da súa localidade natal, converténdose na secretaria local en 1999 logo dun ano de militancia, e ata 2004 cando asumiu a secretaría de movementos sociais da FSA-PSOE. Tras as eleccións autonómicas de 2007 logrou acta de deputada na Xunta Xeral do Principado de Asturias pola circunscrición oriental, exercendo como voceira do Grupo Socialista na Comisión de Presidencia, Xustiza e Igualdade durante a lexislatura. Resultou reelixida parlamentaria nas eleccións autonómicas de 2011, e mais nas de 2012.
Nas eleccións xerais de 2015, encabezou a lista ao Congreso dos Deputados polo PSOE no Principado de Asturias, logrando acceder á cámara.
Nas eleccións xerais de 2016, volveu liderar a lista ao Congreso dos Deputados no Principado de Asturias e foi outra volta deputada.
Dende o 27 de xullo de 2014 ata outubro de 2016 foi secretaria de política municipal do PSOE[5] cesando, ao igual que o resto dos partidarios de Pedro Sánchez que aínda continuaban na dirección do partido, tralo fracaso da proposta deste, perante o Comité Federal do PSOE, de celebrar un Congreso Extraordinario con carácter urxente. Como consecuencia, Sánchez renunciou e nomeouse unha Comisión Xestora para dirixir temporalmente o partido, dirixida polo presidente asturiano Javier Fernández. Adriana Lastra, acatou a decisión tomada polo Comité Ferderal mais mantivo unha postura belixerante e crítica coa Comisión Xestora e con algunha das súas decisións como a de se abster na invstidura de Mariano Rajoy como presidente.
Foi un dos apoios determinantes para Pedro Sánchez concorrer ás primarias de 2017 e recuperar o liderado do PSOE, e xogou un papel esencial na campaña do candidato, baseada no rexeitamento ao proxecto ideolóxico do PP e na importancia concedida ás bases socialistas para recuperar o partido. Tras ser novamente elixido Pedro Sánchez secretario xeral nas primarias, con máis do 50% dos votos, celebrouse un novo congreso do PSOE no que Lastra se converteu en vicesecretaria xeral e man dereita de Sánchez.[6]
Tras a elección de Sánchez como presidente do goberno converteuse en voceira do grupo parlamentario socialista en substitución de Margarita Robles.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Lastra Fernández, Adriana". congreso.es. Arquivado dende o orixinal o 27-11-2020. Consultado o 21-04-2019.
- ↑ "XI Legislatura (2016-Actualidad) Lastra Fernández, Adriana". Congreso dos Deputados. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ Ascaso, David (1 de decembro de 2012). ""Vividores" de la política". asturiasdiario.es (en castelán). Asturias Diario (publicado o 01-12-2014). Arquivado dende o orixinal o 03-10-2016.
- ↑ Amieva, Marije (29 de setembro de 2015). "Elecciones y “elegidos”". elfielato.es (en castelán).
- ↑ "Adriana Lastra pide prudencia y evitar tensiones en las agrupaciones locales". La Nueva España, 29 de xullo de 2014
- ↑ Sanz, Luis Ángel (15 de xuño de 2017). "Adriana Lastra será "número dos" del PSOE". El Mundo.
- ↑ García de Blas, Elsa (05-06-2018). "Adriana Lastra será la nueva portavoz socialista en el Congreso". elpais.com/ (en castelán). Consultado o 21-04-2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adriana Lastra |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Twitter oficial
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 27 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Nados en 1979
- Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias
- Nados en Ribeseya
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)