Adriaan van Maanen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1884 Snits, Países Baixos |
Morte | 26 de xaneiro de 1946 (61 anos) Pasadena, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Utrecht |
Director de tese | Albertus Antonie Nijland |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo , escritor de non ficción |
Empregador | Universidade de Groningen |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Adriaan van Maanen, nado o 31 de marzo de 1884 en Snits e finado o 26 de xaneiro de 1946 en Pasadena foi un astrónomo neerlandés-estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Van Maanen naceu nunha familia acomodada de Frisia, estudou astronomía na Universidade de Utrecht e logo traballou brevemente na Universidade de Groninga. En 1911 marchou aos Estados Unidos onde traballou como voluntario no Obsrevatorio Yerkes, ao ano seguinte foi traballar ao Observatorio Mount Wilson e alí permaneceu activo ata a súa morte en 1946. Especializouse na medición do movemento estelar e a determinación das paralaxes co gran reflector de 60 polgadas. Mediu os movementos astrométicos internos en varias galaxias espirais, que supoñían que tales obxectos eran sistemas constituídos por gas e estrelas no interior da Vía Láctea, pero as súas medicións entraron en contradición coas realizadas por Edwin Hubble para a Gran Nebulosa de Andromeda.[1]. En 1935 determinouse que a medición de Hubble era correcta e a de van Maanen incorrecta. A van Maanen tamén se debe o descubrimento da Estrela de Van Maanen.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ E. P. Hubble, "Angular Rotations of Spiral Nebulae," Astrophysical fournal,. 81(1935):334-35