Adiante (Vigo)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Adiante.
Adiante | |
---|---|
País | España |
Lugar | Vigo |
Lingua | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adiante foi unha revista editada pola Confederación Xeral de Traballadores Galegos entre 1987 e 1993.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu en maio de 1987. Revista con contidos políticos e literarios, estaba dirixida por Margarita Ledo Andión e no consello de redacción figuraban Fernando Acuña, Luís Burgos, Alberto Fernández Campo, Francisco Sebio e Xosé Manuel García Crego. Entre os colaboradores da sección literaria figuraron Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Ramón Mariño Ferro, Manuel Outeiriño, Úrsula Heinze, Gonzalo Navaza e Suso de Toro. Publicáronse 58 números, desapareceu en decembro de 1993.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Adiante". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións Periódicas. Editorial Galaxia. p. 24. ISBN 84-8288-137-X.