A Copa do Castro
Coordenadas: 42°43′08″N 8°14′55″O / 42.718888888889, -8.2486111111111
A Copa do Castro | |
---|---|
Parroquia | O Castro |
Concello | Silleda |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA36052033 |
Cronoloxía | |
Data da descuberta | ? |
Estado actual | non escavado |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
A Copa do Castro, coñecida tamén como Coto do Castro ou Castro de San Mamede, son os restos dun asentamento castrexo situado na parroquia do Castro no concello pontevedrés de Silleda, habitado hai algo máis de 2000 anos.
Descrición[editar | editar a fonte]
Situada a uns 450 m de altitude, este poboado castrexo está composto por un só recinto plano rodeado cunha muralla cuxa altitude é de 2 metros de altitude. Hai dispostos varios paneis informativos, con descrición das principais características e con imaxes sinaladas dos lugares que se ven desde o alto do castro.
Nunha das abas do recinto, atópase o cruceiro, onde segundo a tradición se situaba a igrexa antes de ser traslada á súa actual localización, situada ao pé do mesmo, a carón da PO-211.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Copa do Castro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.