A-72
Este artigo ou sección refírese ou está relacionado cun evento futuro. A información deste artigo pode cambiar frecuentemente. Por favor, non agregues datos especulativos e lembra colocar referencias a fontes fiables para dar máis detalles. |
Autovía Monforte de Lemos - Chantada A-72 | |
---|---|
Tipoloxía | Autoestrada libre |
Rede | Rede de estradas de España |
Lonxitude | 36,7 km |
Localización | |
Inicio | A-76 Monforte de Lemos |
Fin | A-56 Chantada |
Circulación | |
Velocidade máxima | 120 km/h |
A autovía Monforte de Lemos - Chantada ou A-72 é unha autoestrada en proxecto, para conectar as dúas autovías A-56 e A-76 entre a cidade de Monforte de Lemos, pola que transcorre a A-76, e a vila Chantada, pola que transcorre a A-56, na provincia de Lugo.[1]
Trazado[editar | editar a fonte]
Está planificada no novo plan PITVI (2012-2024) para conectar as futuras autovías A-76 (Autovía Ponferrada-Orense) e A-56 (Autovía Lugo-Orense), desdobrando parte do percorrido do actual corredor galego CRG-2.1 (Lalín-Chantada-Monforte), para unha vez posta en servizo, transferir a titularidade ao Ministerio de Fomento.
O tramo supón unha redución de combustible, debido a que o proxecto evita grandes desniveis como o porto de Pedrafita do Cebreiro, nos traxectos A Coruña/Ferrol/Lugo ↔ Ponferrada/Xixón/Madrid, vía Monforte (A-54, A-56 e A-76), o que fai unha alternativa ideal á Autovía do Noroeste para o transporte de mercancías.[2]
Eixe loxístico europeo[editar | editar a fonte]
Esta infraestrutura é prioritaria nos plans loxísticos do Ministerio de Fomento e a Unión Europea para a interconexión de portos marítimos e o complemento da Autoestrada do Mar (Huelva-Ruta da Prata/Madrid/Cornixa Atlántica ↔ Xixón ↔ Nantes/Portsmouth), xa que supón parte do percorrido entre o porto da Coruña e o porto de Ferrol cara ao porto de El Musel en Xixón, dando sentido aos proxectados portos Secos de Monforte de Lemos e Ponferrada.[3]
Tramos[editar | editar a fonte]
Denominación | Tramo | Quilómetros | Estado (2018) | A-72 | A-76 Monforte de Lemos - Chantada A-56 | 36,7 | Estudo informativo aprobado (DIA aprobada, pendente a licitación do proxecto)[4] |
---|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ministerio de Fomento
- ↑ Ministerio de Fomento
- ↑ BOE
- ↑ "Ministerio de Fomento". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2018.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda)