Saltar ao contido

Élie Cartan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÉlie Cartan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1869 Editar o valor em Wikidata
Dolomieu, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte6 de maio de 1951 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Dolomieu 45°36′43″N 5°29′52″L / 45.6119, 5.497889 Editar o valor em Wikidata
248º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1946 – 31 de decembro de 1946
← Maurice Caullery (pt) TraducirLouis Blaringhem (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure
Facultade de Ciencias de París
Lycée Janson-de-Sailly (pt) Traducir
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Tese académicaQ64493183 Traducir Editar o valor em Wikidata (1894 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseGaston Darboux (pt) Traducir e Sophus Lie Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría diferencial, Relatividade xeral e matemáticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario , físico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFacultade de Ciencias de París (1909–1940)
Nancy-Université (en) Traducir (1903–1909)
University of Lyon (en) Traducir (1896–1903)
Universidade de Montpellier (1894–1896)
Universidade de París
Universidade de Lyon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosPaulette Libermann (pt) Traducir e Shiing-Shen Chern Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoCharles Ehresmann (pt) Traducir, Kentaro Yano (pt) Traducir, Xermán Ancochea Quevedo, Radu Roșca, Georges de Rham (pt) Traducir, Mohsen Hashtroodi (pt) Traducir, Michel-Louis Guérard des Lauriers (en) Traducir, Assadollah Alebouyeh (en) Traducir, Charles Racine (en) Traducir, Jacques Devisme (en) Traducir, Paul Delens (en) Traducir, Bernard d'Orgeval (pt) Traducir, Octave Galvani (en) Traducir, Lucien Féraud (en) Traducir, Louis Long (en) Traducir, Alexandru Pantazi (en) Traducir, George Nikoladze (en) Traducir, Edgar Bonsak Schieldrop (pt) Traducir e Michel-Louis Guérard des Lauriers (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarie-Louise Cartan
FillosHenri Cartan, Hélène Cartan (pt) Traducir, Jean Cartan (pt) Traducir, Louis Cartan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnna Cartan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1238333 WikiTree: Cartan-9

Élie Joseph Cartan, nado en Dolomieu (Savoia) o 9 de abril 1869 e finado en París o 6 de maio 1951 foi un matemático francés, que levou a cabo traballos fundamentais na teoría de grupos de Lie e os seus usos xeométricos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Lycée Janson de Sailly de París e na Escola Normal Superior de París en 1888. Despois do seu doutoramento en 1894, traballou en Montpellier e Lión, facéndose profesor en Nancy en 1903. Obtivo un posto en París en 1909, e pasou a ser profesor en 1912.

Na súa propia opinión, o tema principal dos seus traballos (186 publicados durante o período 1893-1947) foi a teoría de grupos de Lie. Comezou traballando sobre o material fundacional das álxebras de Lie simples complexas, ordenando o traballo previo de Friedrich Engel e Wilhelm Killing. Isto deu como resultado a clasificación definitiva, coa identificación do catro familias principais e do cinco casos excepcionais. Tamén introduciu o concepto de grupo alxébrico, que non sería desenvolvido seriamente antes de 1950.

Definiu a noción xeral de forma diferencial antisimétrica, do xeito no que se emprega actualmente; o seu enfoque dos grupos de Lie coas ecuacións de Maurer-Cartan requiría 2-formas para a súa determinación. Naquela época, o que se deu en chamar sistemas de Pfaff (é dicir, ecuacións diferenciais de primeira orde dadas como 1-formas) eran de uso xeral; por medio da introdución das variables novas para as derivadas, e formas adicionais, puido chegarse a unha formulación moi xeral dos sistemas de EDP. Cartan agregou a derivada exterior, como operación enteiramente xeométrica e independente das coordenadas, o que conduce naturalmente á necesidade de discutir p-formas, de grao xeral p. Cartan recoñeceu a influencia nel da teoría xeral de Riquier de EDP.

Con estes fundamentos (grupos de Lie e formas diferenciais) produciu un gran corpus de traballo, e tamén algunhas técnicas xerais, como o marco móbil, que quedaron incorporadas gradualmente na corrente principal das matemáticas.

Retirouse en 1942 e morreu en 1951, aos 82 anos de idade. Foi pai do matemático Henri Cartan e do físico Louis Cartan.

Travaux (Traballos)[editar | editar a fonte]

No Travaux, analiza o seu traballo en 15 áreas. Empregando terminoloxía moderna son:

  1. os grupos de Lie
  2. as representacións de grupos de Lie
  3. os números hipercomplexos, as álxebras de división
  4. os sistemas de EDPs, teorema de Cartan-Kähler
  5. teoría de equivalencia
  6. os conxuntos integrables, teoría da prolongación e dos sistemas en involución
  7. os grupos e pseudogrupos infinito-dimensionais
  8.  a xeometría diferencial e os marcos móbiles
  9. espazos xeneralizados con grupos de estrutura e conexión, conexión de Cartan, holonomía, tensor de Weyl
  10. xeometría e topoloxía dos grupos de Lie
  11. xeometría de Riemann
  12. os espazos simétricos
  13. a topoloxía de grupos compactos e os seus espazos homoxéneos
  14. invariantes integrais e mecánica clásica
  15. relatividade, os espinores

Honras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]