Ángel Caamaño Villaverde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1910 Parada, España |
Morte | 8 de febreiro de 1937 (26/27 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Ángel Jesús Caamaño Villaverde, nado en Parada (Ordes) cara a 1910 e finado en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre en Toba. No verán de 1936 estaba de vacacións na súa parroquia natal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ordes o 29 de xullo. Xulgado en Santiago de Compostela por traizón na causa 230/36 con outros 19 veciños de Ordes o 22 de decembro,[1] foi condenado a pena de morte. Cando con outros dez condenados a morte estaba a ser transportado para a súa execución, conseguiu soltarse do compañeiro ao que estaba esposado e emprendeu a fuxida pola rúa do Franco, pero foi abatido polos soldados que o custodiaban.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Eco de Santiago, 22-12-1936, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. Ordes: Asociación Cultural Obradoiro de Historia. p. 50. ISBN 978-84-614-8181-1.
- Romero Mengotti, Manuel (2013). El defensor. Finis Terrae Ediciones. pp. 337–338. ISBN 978-84-941045-2-7.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ángel Caamaño Villaverde na páxina web Nomes e Voces.
- Fallecidos por la represión franquista inscriptos en el Registro civil de SantiagoArquivado 19 de maio de 2017 en Wayback Machine.