África López Souto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filósofa , divulgadora científica , profesora , escritora |
Lingua | Lingua castelá |
África López Souto, nada na Coruña en 1966, é unha filósofa e profesora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutorouse en Filosofía en 1999 coa tese O individuo na filosofía de Michel Foucault. Foi profesora de secundaria de Filosofía en Pontevedra, Marín, Padrón, Carballo[1] e A Coruña. Actualmente é profesora e directora do IES Urbano Lugrís da Coruña. Fixo a revisión temático-filosófica da tradución ao galego de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir Colabora na revista Ágora. É membro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.
Obras[editar | editar a fonte]
- Concepción Arenal (2004). Baía Edicións.[2]
- Simone de Beauvoir (2008) Baía Edicións.[3]
- Mulleres que (nos) dan que pensar (2019). Editorial Galaxia.[4]
- "As caras ocultas da educación das mulleres" (2020). En Grial, 228, tomo LVIII. pp. 150-153.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, Carballo, 23-1-2015, p. l8.
- ↑ Concepción Arenal Arquivado 14 de novembro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.
- ↑ Simone de Beauvoir Arquivado 15 de novembro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.
- ↑ Mulleres que (nos) dan que pensar na páxina web da editorial.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía no Consello da Cultura Galega
- Ficha Arquivado 14 de novembro de 2020 en Wayback Machine. en Editorial Galaxia.
- Ficha Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. en Baía Edicións.