¿Para qué sirve un oso?
¿Para qué sirve un oso?" | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ¿Para qué sirve un oso?" |
Director | Tom Fernández |
Guión | Tom Fernández |
Intérpretes | Javier Cámara Gonzalo de Castro Jesse Johnson Geraldine Chaplin Oona Chaplin Sira García Emma Suárez |
Música | Mauricio Villavecchia |
Fotografía | Arnau Valls |
Estrea | 2011 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
¿Para qué sirve un oso? é un filme español dirixido por Tom Fernández que se estreou no 2011.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Guillermo e Alejandro (Javier Cámara e Gonzalo de Castro) son dous irmáns científicos. O primeiro deles é un biólogo que traballa na Antártida para estudar as consecuencias do Quecemento global sobre a Terra ata que un día decide abandonar o seu traballo cando descobre que a ninguén parece importarlle.
Por outro lado, Alejandro é un zoólogo que vive nun bosque de Asturias co seu axudante estadounidense Vincent (Jesse Johnson) ó que todos chaman "Chaval". A diferenza de Guillermo, este segue adiante coa idea de salvar os bosques da rexión da deforestación, para iso necesita que aparezan osos pola zona.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Javier Cámara como Guillermo
- Gonzalo de Castro como Alejandro
- Jesse Johnson como Vincent (Chaval)
- Geraldine Chaplin como Josephine
- Oona Chaplin como Rosa
- Sira García como Daniela
- Emma Suárez como Natalia
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
- 2011: Festival de Málaga: Mellor director, actriz secundaria (Geraldine Chaplin), montaxe.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web oficial Arquivado 11 de novembro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)