Xardín botánico
Os xardíns botánicos (do latín hortus botanicus) cultivan unha ampla variedade de plantas destinadas tanto a fins científicos como educativos e de lecer para os visitantes.
Investigación[editar | editar a fonte]
Os traballos científicos levados a cabo nestes xardíns inclúen estudos sobre a adaptación de plantas exóticas a ese contorno, estudos taxonómicos, así como a propagación de especies raras ou en perigo de extinción. O Real Xardín Botánico de Kew, preto de Londres, leva publicando un xornal científico de investigación botánica ilustrado en cor dende finais do século XVIII.
Labor educativa[editar | editar a fonte]
Os proxectos educativos abranguen dende presentacións de plantas que prosperan en diferentes contornos ata consellos prácticos para xardineiros domésticos. Moitos xardíns botánicos teñen tendas, onde se venden flores, herbas e plantas en sementeira adecuadas para o transplante. Algúns, como o Xardín Botánico e Centro de Investigación de Plantas UBC, na Columbia Británica (Canadá) e o Botánico de Chicago posúen programas de reprodución e introducen novas plantas no mercado hortícola.
Historia[editar | editar a fonte]
Os primeiros xardíns botánicos modernos foron fundados no norte de Italia en conexión coas universidades:
Seguíronlles outras cidades europeas:
- Leiden (Países Baixos) (1590)
- Montpellier (Francia) (1593)
- Heidelberg (Alemaña) (1597)
- Tubinga (Alemaña) por Leonhart Fuchs
- Copenhaguen (Dinamarca) (1600)
- Uppsala (Suecia) (1655)
- Hannover (Alemaña) (1666)
- Londres (en Kew, Reino Unido) (1759)
- Madrid (España) (1774)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xardín botánico |
Exemplos[editar | editar a fonte]
- Reais Xardíns Botánicos de Kew
- Xardín Botánico Fundación Sales
- Xardín Botánico Ría do Burgo
- Xardín Botánico de Curitiba
- Xardín Botánico de Padrón
- Xardín Botánico de Mérida
- Xardín Botánico de Missouri
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
(En español)
(En inglés)