Vicente Esquerdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Esquerdo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1999 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Calp, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Valencia Club de Fútbol Mestalla Editar o valor em Wikidata

Instagram: esquerdo10 Editar o valor em Wikidata

Vicente Esquerdo Santas, nado en Calp o 2 de xaneiro de 1999, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Arenteiro da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Ciudad de Benidorm, pasando máis tarde ao equipo xuvenil do Valencia. Na tempada 2018/19 foi subido ao Valencia Mestalla, da Segunda División B, onde tivo como adestrador a Miguel Grau. Debutou o 25 de agosto de 2018, substituíndo a Sito Pascual nunha vitoria por 2-0 ante o Ebro. O 24 de novembro do mesmo ano marcou o seu primeiro gol co equipo nun empate a dous goles diante do Conquense . Pechou a campaña cun total de 28 partidos co filial valenciano e 4 co xuvenil dirixido por Mista na Liga Xuvenil da UEFA.

Na tempada 2019/20 consolidouse como titular indiscutible no Valencia Mestalla, xa con Chema Sanz como técnico. En novembro comezou a ser convocado para o primeiro equipo por Albert Celades, quen xa o coñecía por telo adestrado nas categorías inferiores da selección española.[1]

Debut en Primeira División[editar | editar a fonte]

O 30 de novembro de 2019 debutou co primeiro equipo do Valencia na Primeira División, substituíndo a Coquelin nunha vitoria por 2-1 no derbi contra o Vilarreal en Mestalla.[2]

Con contrato ata o 30 de xuño de 2022, confirmouse que alternaría o filial co primeiro equipo para a tempada 2020/21, ás ordes de Javi Gracia.[3] Foi titular nas dúas primeiras xornadas de liga ante Levante e Celta de Vigo, facendo parella no medio do campo con Kondogbia, e o club renovou o seu contrato ata 2024.[4]

Sumou un total de 7 partidos co primeiro equipo durante a tempada e outros 11 co Valencia Mestalla de Óscar Fernández, co que non puido evitar o descenso a Terceira RFEF.

Cesión ao Castellón[editar | editar a fonte]

De cara á campaña 2021/22, foi cedido ao Castellón,[5] da nova Primeira División RFEF. Participou nun total de 22 partidos co equipo dirixido por Sergi Escobar, que rematou na metade da táboa, lonxe do obxectivo do ascenso.

Regreso ao Valencia Mestalla[editar | editar a fonte]

Na tempada 2022/23 volveu á disciplina valencianista para reforzar o Valencia Mestalla de Miguel Ángel Angulo na súa nova andaina pola Segunda División RFEF. Apenas tivo participación na primeira metade do campionato, pero foi titular en todos os partidos da segunda volta e contribuíu con tres goles á clasificación do equipo para a promoción de ascenso.

Arenteiro[editar | editar a fonte]

O 30 de agosto de 2023 rescindiu o seu contrato co Valencia e un mes despois fichou polo Arenteiro, equipo que viña de ascender á Primeira División RFEF, e a onde chegou para suplir a baixa de longa duración de Curro Rivelott.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Calabuig, Pascu; Pardo, Pau (9 de setembro de 2019). "Llega Vicente Esquerdo al Valencia CF" (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2024. 
  2. "El calpino Vicente Esquerdo Santas debuta en la Primera División" (en castelán). 1 de decembro de 2019. Consultado o 4 de maio de 2024. 
  3. "El Valencia CF 'ficha' a Esquerdo" (en castelán). 26 de abril de 2020. Consultado o 4 de maio de 2024. 
  4. García, Andrés (21 de setembro de 2020). "Esquerdo, 'fichado' hasta 2024" (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2024. 
  5. "Comunicado oficial" (en castelán). 27 de agosto de 2021. Consultado o 4 de maio de 2024. 
  6. "El Arenteiro ficha al centrocampista Vicente Esquerdo, procedente del Valencia". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de setembro de 2023. Consultado o 4 de maio de 2024.