Sisto Badalocchio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSisto Badalocchio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1585 Editar o valor em Wikidata
Parma Editar o valor em Wikidata
Morte1647 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Parma Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e Gravado Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Roma
Boloña
Parma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , gravador Editar o valor em Wikidata
MovementoEscola de Bolonha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

BNE: XX5155842


Sisto Badalocchio Rosa, nado o 28 de xuño do 1585 e finado entre o 1619 e o 1647, foi un pintor e gravador italiano da Escola de Boloña.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Parma, traballou primeiro para Agostino Carracci en Boloña, e logo para Annibale Carracci en Roma.[2] No 1609, regresou á súa cidade natal.[3] Os seus gravados máis coñecidos son os da serie A Biblia de Rafael, que creou xunto co seu compañeiro de estudos Giovanni Lanfranco.[3] As imaxes representan varios frescos de Rafael do seu taller do Vaticano.[3] Como pintor, a súa obra máis importante é o conxunto de frescos da Igrexa de San Giovanni Evangelista (Reggio Emilia), baseados nos primeiros traballos de Correggio.[3] Neste templo, tamén decorou a cúpula e as pendentes.[3] O fresco da cúpula representa a parousía (grego: παρουσία) ou segunda vinda de Cristo, e as pendentes as catro virtudes cardinais.[3]

Malia ter cooperado a miúdo nos seus frescos con Lanfranco (por exemplo, na serie deseñada por Annibale Carracci para a capela de San Diego en San Giacomo degli Spagnoli, e no Palazzo Costaguti), Badalocchio nunca recibiu o mesmo recoñecemento que aquel. Non obstante, na actualidade é considerado unha figura importante na introdución do barroco no norte de Italia.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zirpolo, Lilian H. (2010). Historical Dictionary of Baroque Art and Architecture (en inglés). Rowman & Littlefield. ISBN 978-0-8108-6155-8. 
  2. 2,0 2,1 "Sisto Badalocchio (1585 - after 1621?) - National Gallery, London". www.nationalgallery.org.uk. Consultado o 2024-02-02. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Smyth, Frances P. (1986). The Age of Correggio and the Carracci: Emilian Painting of the 16th and 17th Centuries (en inglés). National Gallery of Art. ISBN 978-0-89468-094-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]