Portal:Segunda Guerra Mundial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segunda Guerra Mundial

editar A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias, estes estiveron organizados en dúas alianzas militares enfrontadas entre si, os Aliados e as Potencias do Eixe. Mobilizáronse a 100 millóns de militares e os principais países involucrados destinaron á guerra todos os recursos dos que dispoñían. Foi o conflito máis mortífero da historia, provocando a morte duns 60 millóns de persoas, a maioría civís, o que supoñía case o 3% da poboación mundial da época.

Artigo destacado

editar

A Insurrección nacional eslovaca (en eslovaco: Slovenské národné povstanie, abreviado SNP) ou Levantamento de 1944 foi unha insurrección armada organizada polo movemento de resistencia eslovaco durante a segunda guerra mundial en contra do Goberno eslovaco aliado ao Terceiro Reich. O levantamento resultou un fracaso e os alemáns conseguiron sufocalo logo de dous meses de dura loita, mais a guerrilla continuou combatendo as forzas de ocupación ata a chegada do Exército Soviético a Eslovaquia en 1945.

O acoso partisano ás forzas alemás e a situación en Europa oriental precipitaron o alzamento ante a chegada de unidades alemás ao territorio eslovaco a finais de agosto. O papel principal no alzamento non o tiveron, con todo, as unidades partisanas, senón as do Exército regular eslovaco que se rebelaron contra o Goberno de Jozef Tiso. Comezou o 29 de agosto de 1944 na localidade de Banská Bystrica co obxectivo de expulsar do poder o Goberno colaboracionista de Jozef Tiso, establecer unha zona gobernada polos insurrectos e favorecer o avance do Exército Vermello a través dos Cárpatos.

Os combates custaron arredor de 10 000 vidas a cada bando. A poboación civil sufriu a dura represión das forzas alemás enviadas a retomar o control do país. O Goberno filoxermano perdeu toda autonomía fronte a Berlín e o país quedou baixo ocupación militar alemá. Logo da guerra, distintas forzas políticas trataron de arrogarse en exclusiva o mérito do levantamento, convertido nun episodio histórico moi polémico.


Imaxe destacada

editar

Franco con Himmler
Franco con Himmler

Franco e Serrano Súñer xunto con Heinrich Himmler, Joachim Peiper e Karl Wolff; durante a visita de diversas personalidades do réxime nazi a España en outubro de 1940.

Artigos de calidade e bos
Personalidade destacada

editar

George S. Patton en 1943
George Smith Patton Jr., nado en San Gabriel (California) o 11 de novembro de 1885 e finado en Heidelberg (Alemaña) o 21 de decembro de 1945, coñecido tamén como o Xeneral Patton, foi un oficial do exército dos Estados Unidos. Comandou o 7º Exército dos Estados Unidos nos teatros de operacións de Europa e do Mediterráneo durante a Segunda Guerra Mundial, aínda que é máis coñecido por liderar o 3º Exército dos Estados Unidos en Francia e Alemaña trala invasión de Normandía por parte dos Aliados en xuño de 1944.
Sabías que...

editar

Avións xaponeses antes do ataque a Pearld Harbor
  • ... O primeiro submarino alemán en ser afundido polos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial foi o U-656, afundido no día 1 de marzo de 1942?
  • ... O submarino alemán U-234 transportava entre outras cousas uranio para o programa nuclear xaponés, pezas de mísiles V-2 e científicos; antes da súa rendición o 14 de maio de 1945?
  • ... O U-106 foi un dos submarinos alemán con máis éxito durante a Segunda Guerra Mundial, afundindo 22 embarcacións Aliadas?
  • ... A 7ª División Panzer foi a unidade militar que conseguiu percorrer a maior distancia en territorio inimigo nun único dia, alcanzando 350 km en Francia indo da Alemaña até Dunquerque?
Categorías
Contido relacionado

editar

Wikiproxecto Historia
Wikiproxecto Historia

Wikiproxecto Historia

Portal Historia
Portal Historia

Portal Historia

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas