La Voz de Galicia (1892)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Voz de Galicia (homónimos).
La Voz de Galicia | |
---|---|
Fundación | 1892 |
Localidade | A Habana |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Voz de Galicia foi un semanario que se editou na Habana en 1892.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario Regionalista y de noticias, apareceu o 13 de marzo de 1892. Dirixido por Juan González Montenegro, entre os seus colaboradores figuraron Juan J. Mirabet, M. L. Barosela e Perenzuelas. Abordou a problemática do Centro Galego e da Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galica; tamén recolleu noticias de Galicia e unha sección de galegos ilustres.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. p. 229. ISBN 84-87172-30-X.