Saltar ao contido

Isaac Xubín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsaac Xubín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Galega
EducaciónUniversidade de Vigo
IES Sánchez Cantón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , tradutor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX5016982 AELG: 484 Dialnet: 3375241

Isaac Fernández Fernández, coñecido como Isaac Xubín, nado na Coruña o 9 de xullo de 1978, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu durante a súa infancia e mocidade en Espinosa de los Monteros, Astorga, Xixón, A Coruña e Pontevedra.[1]. Toma o seu nome literario da aldea de Xubín (Oleiros), a casa de súa nai.[2]

Estudou nos Salesianos da Coruña[3] e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Tras licenciarse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, viviu en Bilbao e Gasteiz para aprender éuscaro. Realizou diversas traducións do éuscaro e publicou un dicionario bilingüe galego-éuscaro.

Fixo un mestrado en Política lingüística e planificación da lingua galega e traballou como tradutor, profesor e investigador. Entre 2009 e 2012 foi lector de galego no Colexio Universitario de Cork, onde traballou baixo a dirección do poeta noiés Martín Veiga. No ano 2014 comezou a escribir a súa tese de doutoramento centrada nas relacións entre literatura e gastronomía.

Como creador ten publicado obras de poesía e narrativa curta. En 2011 obtivo o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón polo seu poemario Con gume de folla húmida.[4] Escribe a sección galega no proxecto plurilingüe Temps Obert 11.1.[5] É membro das Redes Escarlata. A súa obra está profundamente marcada polas viaxes, as linguas, o deporte e a gastronomía, unhas realidades que se entretecen ao longo da súa produción e que axudan a caracterizar a súa obra (poética, narrativa e ensaística) como un macrotexto. Publicou varios poemas no nº 223 (2019) da revista Grial.

En 2024 foi o gañador do III AROD Intercambio Poético Galicia-Irlanda en residencia para pasar o mes de setembro entre artistas, en The Tyrone Guthrie Centre Annaghmakerrig, en plena campiña irlandesa, grazas ao impulso da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Como deportista afeccionado, xogou ao rugby no Mareantes de Pontevedra, no Bandon RFC e no Sundays Well RFC; polo demais, mantén un blog dedicado a este deporte intitulado "Melé a cinco"[6] e editou a revista pontevedresa O salmón oval en 2015. Tamén xogou ao fútbol gaélico, primeiro no Nemo Rangers de Cork, e máis tarde no Douglas GAA, amais da Selección Galega, coa que participou no encontro internacional Galiza-Bretaña, celebrado en Narón o 21 de xullo de 2012.

É curmán do futbolista Javier Fernández Abruñedo.

Obras[editar | editar a fonte]

Na presentación de A cadencia da fractura, con Fran Alonso, na Libraría Paz de Pontevedra.

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Presentando Xenealoxía dun intruso, Libaría Paz de Pontevedra
    Dicionario galego-euskara hiztegia. (2011). Universidade de Vigo.

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Elementos de matemática. Premios 2002 de relato, poesía, teatro e tradución da Universidade de Vigo, Xerais, 2002.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora. En concreto publicou o poema "Danny Boy".
  • 8º 42'N 9º 6º W Lisboa. Premios 2004 de relato, poesía, teatro e tradución da Universidade de Vigo, Xerais, 2004.
  • Chateâu Bobcat. IX Certame literario de relatos curtos Os Viadutos, Xerais, 2009.
  • Le pied de Julien DuPuy. XII Certame literario de relatos curtos Os Viadutos, Xerais, 2011.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011.[11]* A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ramón Nicolás (10 de outubro de 2016). "Cuestionario Proust. Isaac Xubín". www.cadernodacritica.wordpress.com. Consultado o 26/02/2019. 
  2. Pin, Irene. "Isaac Xubín: "Ser un intruso fíxome observar a identidade como algo moito máis consciente do que a xente cre"". Nós Diario. Consultado o 2020-08-12. 
  3. Manuel Vidal Villaverde (25 de outubro de 2010). "Isaac Xubín: “Non haberá normalización lingüística se non a hai social e cultural “". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 26/02/2019. 
  4. "Dodro: Isaac Xubín gaña o premio "Eusebio Lorenzo Baleirón" de poesía…". archive.is. 2012-07-08. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 2019-02-26. 
  5. Nicolás, Ramón (10/05/2014). "A mestra (poesía e vídeo), de Isaac Xubín". cadernodacritica.wordpress.com. Consultado o 26/02/2019. 
  6. Blog "Melé a cinco", de Isaac Xubín
  7. "Ficha do libro". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-07. 
  8. "Xenealoxía dun intruso". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-03-23. 
  9. "Cita libro". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-07. 
  10. "Os largos e longos campos de liño azul". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-07. 
  11. "Wayback Machine" (PDF). web.archive.org. 2014-01-04. Archived from the original on 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 2019-02-26. 
  12. "Ficha do autor". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-07. 
  13. "A tradución de Sarrionandia ao galego, I Premio Etxepare". Sermos Galiza. 30 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]