Illa Sombrero
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Illa Sombrero | |
---|---|
Antigo faro de Sombrero | |
Situación | |
País | Anguila |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°35′21″N 63°25′31″O / 18.58917, -63.42528Coordenadas: 18°35′21″N 63°25′31″O / 18.58917, -63.42528 |
Xeografía | |
Superficie | 0´38 km² |
Punto máis alto | 10 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa Sombrero é unha illa que forma parte da dependencia de Anguila, no mar Caribe. Atópase afastada do resto das illas principais, ao extremo noroeste da illa de Anguila. Ten unha área de 0´38 km² e atópase deshabitada.
O único punto de acceso está no leste da illa, e é unha escaleira metálica que salva o cantil duns 10 m de altura. Unha vez arriba, hai unhas cantas construcións e dous faros en ruínas. Durante 30 anos extraeuse guano, e as construcións corresponden ás que se usaron para este fin. Actualmente hai un faro ou baliza automático.
Non ten vexetación e é unha roca moi difícil de transitar. Hai aves e lagartos. Na zona oeste hai unha gruta accesible (gruta remigio). Non dispón de ningún fondeadeiro seguro, polo que é importante visitala con boa mar.