Chandrexa de Queixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaChandrexa de Queixa
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Map
 42°14′25″N 7°25′34″O / 42.240277777778, -7.4261111111111Coordenadas: 42°14′25″N 7°25′34″O / 42.240277777778, -7.4261111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalRabal Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación493 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,85 hab./km²)
Xeografía
Superficie172,75 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude993 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco Rodríguez Rodríguez (2019–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Chandrexa de Queixa Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32786 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32029 Editar o valor em Wikidata

Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. Segundo o padrón municipal, en 2022 tiña 495 habitantes (854 en 2003).

Concello eminentemente gandeiro e agrícola, a día de hoxe está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.

Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir diste concello foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa ao final da década do 1940 e principios do 1950.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Chandrexa de Queixa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2.949 2.935 2.578 1.226 830 639 619 586 560 545 528 506 494 466 456 472
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 472(2020)
Menores de 15 anos 12 (2.54 %)
Entre 15 e 64 anos 243 (51.48 %)
Maiores de 65 anos 217 (46 %)
Estranxeiros 8 (1.7 %)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa parroquial.

O concello ten unha extensión de 172,75 km². Limita ao norte cos concellos de Castro Caldelas e San Xoán de Río (mediante a serra do Burgo), ao sur con Laza e Vilariño de Conso (serra de Queixa), ao leste coa Pobra de Trives e Manzaneda, e ao oeste con Montederramo (serra de San Mamede).

Sitúase no Macizo Central Ourensán, e está atravesado polos ríos Requeixo, Dorelle, e Queixa, afluentes do río Navea. Os 35 núcleos de poboación están situados entre os 1000 e os 1200 metros de altitude. O concello está a 6 km da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda.

Ten un clima de media montaña, con invernos moi fríos e veráns calorosos. As precipitacións non pasan de 1100 mm por ano, cunha moderada seca durante o verán. O chan é granítico cara ao leste e de lousa cara ao oeste. Sobre o subsolo hai unha capa de terra fértil, na que se asenta unha densa vexetación.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras pegadas humanas atopadas no concello son agras de mámoas e da romanización, dado que a vía Nova do itinerario de Antonino bordeaba os terreos do concello.

O priorado de Vilar aparece mencionado nunha bula do papa Alexandre III de 1163 como parte dos territorios do mosteiro de Montederramo. Na biblioteca do mosteiro consérvase documentación sobre cesións e doazóns do mosteiro e dos señores nobres, estando esta zona baixo o influxo do condado de Lemos e o condado de Ribadavia. En 1580 Filipe II retirou o priorado ao mosteiro, pero impuxo aos veciños un imposto de 393 fanegas de pan a entregar ao mosteiro.

O concello de Chandrexa de Queixa foi creado mediante o Real Decreto do 23 de xullo de 1835, sendo variable a capital en función da residencia do alcalde, pero a vila máis importante era Chandrexa.

En 1945 comezou a construción do encoro de Chandrexa de Queixa no río Navea, o que propiciou o crecemento da vila de Celeiros. En 1960 acordouse mediante referendo establecer neste lugar a capitalidade do municipio.

No lugar de Requeixo estivo represaliado e confinado o intelectual galego Valentín Paz Andrade.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo composto débese na súa primeira parte a "chan da igrexa", e na segunda a "Queixada, depresión en forma de caixa", que dá nome á parroquia chá de Queixa[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Entre a arquitectura relixiosa, ademais das igrexas parroquiais, destaca a capela e o cruceiro de Parafita.

Entre a arquitectura popular destacan os fornos de leña, como o das Forcadas, ou o Casal de Drados. En Celeiros destaca o Museo Etnográfico.

Respecto ao patrimonio natural está a fervenza de Dorelle, a fonte da Previsa, a área recreativa de Cardiego e mais a área recreativa de Santa Cruz.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Chandrexa de Queixa

Cadeliña (San Pedro) | O Candedo (Santa María) | Casteligo (San Martiño) | Casteloais (San Pedro) | Celeiros (San Martiño) | Chandrexa (San Pedro) | Chaveán (San Bartolomeu) | Drados (Santo Isidoro) | Fitoiro (San Paio) | Fonteita (Santo André) | Forcadas (Santa María) | Parada Seca (Santa María) | Parafita (San Bartolomeu) | Queixa (Santa Cruz) | Rabal (Santa María) | Requeixo (Santa María Madanela) | San Cristovo (San Cristovo) | Vilar (San Cosme)

Lugares de Chandrexa de Queixa[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Chandrexa de Queixa vexa: Lugares de Chandrexa de Queixa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar. Ed. Xerais, Vigo 1992.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

http://www.xente.mundo-r.com/domingues/ Arquivado 20 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.