Castro de Untia
Coordenadas: 43°16′53″N 8°12′39″O / 43.28142, -8.21081
Castro de Untia | |
---|---|
Parroquia | Betanzos |
Concello | Betanzos |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | ? |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | ? |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | destruído |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O castro de Untia é un poboado castrexo sobre o cal se asenta a actual cidade de Betanzos.
Historia[editar | editar a fonte]
A actual cidade de Betanzos asenta sobre o castro situado no outeiro entre os ríos Mandeo e Mendo, ao fondo da ría de Betanzos. O trazado das sucesivas edificacións e rúas ao longo do tempo mantivo a estrutura ovalada e o escalonamento imposto pola orografía do monte. A croa do castro estaría na zona máis alta do monte, sendo a actual praza da Constitución.
O rei Afonso IX nun documento datado en Valencia de Don Juan o 13 de febreiro de 1219 traslada a vila de Betanzos ao castro de Untia (Castrum de Vnctia) a petición dos habitantes. O castro era entón propiedade do mosteiro de Sobrado[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La Segunda Fundación de Betanzos", artigo de José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro, cronista oficial de Betanzos, en Cronistas de Betanzos, agosto de 2012 (en castelán).