BAC Strikemaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BAC Strikemaster
Tipoataque, adestrador
FabricanteBritish Aircraft Corporation
Primeiro voo26 de outubro de 1967
Retirado1993
Principais usuariosReal Forza Aérea de Arabia Saudita
Forza Aérea de Ecuador
Forza Aérea de Kenya
Real Forza Aérea de Nova Zelandia
Produción1967 - 1984
Unidades construídas146

O BAC 167 Strikemaster é unha aeronave británica a reacción de adestramento e ataque lixeiro. Foi un desenvolvemento do adestrador Hunting Jet Provost, que á súa vez é unha versión a reacción do Percival Provost, que voou orixinalmente en 1950 cun motor de pistóns radiais.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O BAC 167 Strikemaster é esencialmente unha versión armada do Jet Provost T Mk 5; o Strikemaster modificouse cun motor mellorado, soportes nas ás capaces de levar catro bombas Mk82 de 500 libras, dúas metralladoras baixo as tomas de aire, un sistema de flaps mellorado, grandes freos de aire, un novo equipo de comunicacións e navegación, un sistema eléctrico distinto, rompedores de dosel nos asentos exectables, e un sistema de combustible revisado que incluía depósitos nas puntas das ás. Voou por primeira vez o 26 de outubro de 1967[1] e foi comercializado como un avión de ataque lixeiro ou un avión de contrainsurxencia, aínda que a meirande parte dos compradores a gran escala foron forzas aéreas que buscaban un adestrador avanzado, aínda que Ecuador, Oman e Iemen usaron os seus avión en combate. En total construíronse 146 unidades do Strikemaster entre 1967 e 1984, servindo en 10 países.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "BAC Strikemaster". www.baesystems.com. Consultado o 2024-05-03.