Aron Nimzowitsch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAron Nimzowitsch

Aron Nimzowitsch
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1886
Riga Letonia Letonia
Morte16 de marzo de 1935
Copenhaguen Dinamarca Dinamarca
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLetoa
Actividade
Campo de traballoXadrez e chess puzzle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
OcupaciónXogador de xadrez
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaDinamarca
Rusia
Letonia Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1008656 Find a Grave: 21834 Editar o valor em Wikidata


Aron Nimzowitsch (en letón, Ārons Ņimcovičs, nado Aron Niemzowitsch [1], tamén coñecido como Nimzovich), nado o 7 de novembro de 1886 en Riga e finado o 16 de marzo de 1935 en Copenhaguen, foi un Gran Mestre Internacional de xadrez danés de orixe letón e a figura máis importante da escola hipermoderna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nimzowitsch proviña dunha familia xudía adiñeirada. Ós 8 anos aprendeu a xogar ao xadrez a mans do seu pai. Viaxou a Alemaña en 1904 para estudar filosofía, pero empezou a súa carreira como xogador profesional o mesmo ano e deixou os estudos. En 1922 trasladouse a Copenhaguen, momento que coincide co seu ingreso na elite do xadrecismo mundial. Obtivo a cidadanía de Dinamarca, país onde viviu ata a súa prematura morte por pneumonía en 1935.

Restrospectivamente considérase que Nimzowitsch era o terceiro mellor xogador do mundo, inmediatamente detrás de Alekhine e de Capablanca. Aínda que foi o seu contemporáneo, nunca xogou con eles nun encontro polo título.

Na súa época danesa xogou 22 torneos maxistrais e gañou ou compartiu 8 primeiros premios, 6 segundos e 3 terceiros. A súa mellor actuación foi Dresde en 1926, contra Alekhine; outros éxitos notables foron: Copenhaguen en 1923, Marienbad en 1925, Hanover en 1926, Londres en 1927, Bad Niendorf en 1927, Berlín en 1928, Carlsbad en 1929, sobre Capablanca, e Frankfurt en 1930. É de destacar o segundo lugar detrás de Alekhine en San Remo en 1930.

Algunhas aperturas de xadrez e variantes levan o seu nome; as máis famosas son: Defensa Nimzoindia (1.d4 Cf6 2.c4 e6 3.Cc3 Bb4) e a Defensa Nimzowitsch (1.e4 Cc6). Ambas exemplifican as súas ideas sobor do control do centro coas pezas. Tamén foi vital no desenvolvemento de dous sistemas da Defensa Francesa, a variante Winawer (nalgúns sitios coñecida como variante Nimzowitsch: 1. e4 e6 2. d4 d5 3. Cc3 Bb4) e a variante do avance (1. e4 e6 2. d4 d5 3. e5). Nimzowitsch influíu en numerosos xadrecistas, como Richard Réti e Tigran Petrosian, e a súa influencia perdura ata os nosos días.

Obra[editar | editar a fonte]

En 1913 apareceron varios artigos que logo formarían parte do seu libro Mein System ("O meu sistema"). As teorías de Nimzowitsch contrapúñanse aos convencionalismos da época. Daquela xogadores como Alekhine, Lasker e ata Capablanca aceptaban as ideas do modernismo de Tarrasch como case universais. Nimzowitsch rompeu con esas ideas ao aplicar o control do centro usando pezas no canto de peóns, o bloqueo, a profilaxe e o uso refinado do fianchetto. Escribiu tres libros de estratexia: Die Blockade ("O bloqueo", 1925), Mein System ("O meu sistema", 1925) e Die Praxe meines System ("A práctica do meu sistema", 1929). O segundo, unha obra por demais influente, foi a súa gran contribución á literatura do xogo. Aquí plasmou os súas máis importantes ideas, mentres que no seu terceiro libro desenvolve estes conceptos e engade algúns novos ao expor os súas máis destacadas partidas, quizais máis entretidas que instrutivas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 09 de febreiro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]