Antón Vidal Andión
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , editor ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() |
Antón Vidal Andión, nado en Pontevedra en 1948, é un avogado e editor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao equipo fundador da Universidade de Vigo da que, en distintas etapas, foi xerente, vicerreitor de asuntos económicos e asesor xurídico. Dende 2002 é vicevaledor do Concello de Vigo.
Noutras etapas foi membro do Instituto de Mediación e Arbitraxe, asesor das centrais sindicais USO e CSG e Árbitro Laboral do Consello Galego de Relacións Laborais.
En marzo de 2015 foi nomeado presidente de Editorial Galaxia[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Anton Vidal Andión, novo presidente de Editorial Galaxia" Arquivado 18 de maio de 2015 en Wayback Machine., artigo na web da Editorial, 1 de abril de 2015.