Anna Kournikova
![]() ![]() | |||||||||||||||||
Nome orixinal | Anna Sergeyevna Kournikova | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||
Nacemento | 7 de xuño de 1981 ![]() Moscova, Rusia ![]() | ||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
Residencia | Miami ![]() | ||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América (2010–) Rusia ![]() | ||||||||||||||||
Relixión | Igrexa ortodoxa ![]() | ||||||||||||||||
Educación | American School of Correspondence (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Altura | 173 cm ![]() | ||||||||||||||||
Peso | 56 kg ![]() | ||||||||||||||||
Lateralidade | destro ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1995–2007), modelo , socialité ![]() | ||||||||||||||||
Período de actividade | outubro de 1995 ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Lingua | Lingua rusa e lingua inglesa ![]() | ||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 3.584.662 $ ![]() | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Rusia ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | tenis ![]() | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres ![]() | ||||||||||||||||
Man de xogo | revés a dúas mans e destro ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
1996 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 1996 (pt) ![]() ![]() |
||||||||||||||||
Familia![]() | |||||||||||||||||
Cónxuxe | Sergei Fedorov (2001–2003) | ||||||||||||||||
Parella | Enrique Iglesias (2001–) ![]() | ||||||||||||||||
Fillos | Lucy Iglesias (en) ![]() ( ![]() Nicholas Iglesias (en) ![]() ( ![]() Mary Iglesias (en) ![]() ( ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Páxina web | kournikova.com ![]() | ||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Anna Sergeyevna Kournikova (en ruso: Анна Сергеевна Курникова, escoita (axuda · info)), nada en Moscova o 7 de xuño de 1981, é unha modelo e unha xogadora de tenis rusa. Como xogadora de tenis acadou a oitava posición na clasificación da WTA, aínda que non gañou un torneo deste circuíto individualmente en toda a súa carreira. Onde Kournikova destacou deportivamente foi en "dobres", especialmente coa compañeira Martina Hingis, con quen gañou dúas veces o Aberto de Australia en 1999 e 2002, e tamén gañou dúas veces o WTA Finals en 1999 e 2000. En total, gañou 16 títulos no circuíto WTA en dobres, a maioría deles entre 1999 e 2000. O 22 de novembro de 1999 a Asociación de Mulleres Tenis clasificouna como número 1 de tenis feminino en dobres, unha posición que mantivo durante dez semanas.
A súa beleza foi a principal razón pola que se converteu nunha das estrelas de tenis feminino máis coñecidas internacionalmente, malia o feito de que nunca gañou un título individual no circuíto WTA. Durante a súa carreira deportiva, tivo a oportunidade de comezar a carreira de modelo. Por mor de varias dores nas costas e a columna vertebral anunciou a súa retirada do tenis profesional con só 22 anos, e continuou a traballar como modelo. Vive en Miami e mantén unha relación amorosa co cantante Enrique Iglesias dende o 2001.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Daily Mail, ed. (28 de novembro de 2012). "Love boat: Anna Kournikova and Enrique Iglesias cuddle aboard romantic cruise in Miami" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012.