Saltar ao contido

Agustín Fernández Mallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAgustín Fernández Mallo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, poesía, ensaio, física, radiación ionizante e radiofísica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , ensaísta , poeta , físico Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1543180 Dialnet: 1423496

Agustín Fernández Mallo, nado na Coruña en 1967, é un físico e escritor galego asentado en Palma de Mallorca.

Autor de máis dunha vintena de obras, entre novelas, ensaios, poesías e outro tipo de narrativa. É un dos membros máis destacados da chamada Xeración Nocilla, Xeración Mutante ou Afterpop, cuxo nome máis popular provén do título dunha serie das súas novelas. A súa obra foi traducida a unha ducia de idiomas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en física pola Universidade de Santiago, desenvolve o seu labor profesional nese campo, pero é coñecido pola súa traxectoria literaria. Traballou como físico no campo da radiación ionizante nuclear aplicada á medicina. Colaborou en diversas revistas culturais así como nos xornais El País, El Mundo e La Vanguardia. Colabora en revistas culturais españolas, como Lateral ou Contrastes. Xunto a Eloy Fernández Porta, mantén o dúo de fala oral chamado Afterpop, Fernández&Fernández.

No ano 2000 acuñou o termo poesía pospoética, que posteriormente se formalizaría no ensaio Postpoesía -no que tamén indagou nas conexións entre arte e ciencia-, e cuxa proposta práctica constitúe os poemariosYo siempre regreso a los pezones y al punto 7 del Tractatus, Creta lateral Travelling –Premio Café Mon 2005–, a performance-colección de poemas de Joan Fontaine Odisea [mi deconstrucción] y Carne de píxel. Con Juan Feliu forma o dúo musical Frida Laponia, que en 2012 gravou o CD Pacas go downtown. Fernández Mallo tamén rodou unha serie de curtametraxes (entre 2 e 9 minutos).

Os seus libros, escritos en castelán, aínda non foron traducidos ao galego.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Yo siempre regreso a los pezones y al punto 7 del Tractatus (2001).Edición persoal, (reeditada por Alfaguara, Madrid, 2012).
  • Creta, lateral travelling (2004). La Guantera. E Editorial Sloper, 2009.
  • Joan Fontaine Odisea (mi deconstrucción) (2005). La Poesía, señor hidalgo.
  • Antibiótico, poema único de 100 páxinas, escrito en 2005 e publicado en 2006;. Despois en Visor, Madrid, 2012.
  • Carne de píxel (2008). DVD Ediciones.
  • Ya nadie se llamará como yo + Poesía reunida (1998 - 2012) (2015). Seix Barral.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Nocilla Dream (2006). Editorial Candaya
  • Nocilla Experience (2008).Alfaguara.
  • Nocilla Lab (2009). Alfaguara. Remata cunha historieta debuxada por Pere Joan
  • Proyecto Nocilla (2013). Alfaguara. Reúne Nocilla dream, Nocilla experience e Nocilla lab, con Nota final de Julio Ortega.
  • Limbo (2014). Alfaguara.
  • Trilogía de la guerra (2018). Seix Barral.
  • El libro de todos los amores (2022 ). Seix Barral.
  • Madre de corazón atómico (2024). Seix Barral. Unha'memoir' que gravita arredor do alzhéimer de seu pai.[1]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Postpoesía. Hacia un nuevo paradigma (2009). Editorial Anagrama.
  • Teoría general de la basura (cultura, apropiación, complejidad) (2018).Editorial Galaxia Gutenberg.
  • Wittgenstein, arquitecto: (el lugar inhabitable) (2020). Editorial Galaxia Gutenberg.
  • La mirada imposible (2021).Wunderkammer.
  • La forma de la multitud (capitalismo, religión, identidad) (2023). Galaxia Gutenberg.[2]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Primeiro premio Café Món por Creta, lateral travelling.
  • Nocilla Dream, mellor novela en castelán do ano por Quimera, e para a crítica a 4.º novela en español máis importante da década (2000-2010).
  • Nocilla Dream, unha das dez mellores novelas de 2006 segundo o suplemento El Cultural, de El Mundo.
  • Premio de Poesía Ciudad de Burgos 2007 por Carne de píxel.
  • Nocilla Experiencie foi nomeada a mellor novela de 2008 por La 2 de Televisión Española.[3]
  • Finalista do Premio Anagrama por Postpoesía. Hacia un nuevo paradigma.
  • Nocilla Lab segundo o suplemento Babelia foi a 3.ª novela en español máis importante de 2009.
  • Gañador do Premio Biblioteca Breve, que concede a editorial Seix Barral, coa novela Trilogía de la guerra.
  • Ganador do Premio Cálamo 'Extraordinario 2018' polo conxunto da súa obra.
  • English PEN Award 2021 por Trilogía de guerra, (The Things We´ve Seen en inglés).[4]
  • Gañador do Premio Europeo de Literatura 2022 polo Proyecto Nocilla.
  • I Premio de Ensayo Eugenio Trías, por La forma de la multitud (2022).
  • Mellor Novela Internacional 2022, Trilogia Della Guerra en italiano, por L´Indiscreto.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hevia, Elena (2024-05-20). "De cómo el padre de Agustín Fernández Mallo cruzó volando el Atlántico con 20 vacas desde Canadá". El Periódico (en castelán). Consultado o 2024-06-09. 
  2. "La forma de la multitud – Galaxia Gutenberg" (en castelán). Consultado o 2024-06-09. 
  3. "Miradas 2 - 'Nocilla Experience', de Agustín Fdez. Mallo" (en castelán). 2011-02-07. Consultado o 2024-06-09. 
  4. "Twenty PEN Translates awards go to titles from eighteen countries". English PEN (en inglés). Consultado o 2024-06-09. 
  5. Indiscreto (2022-12-13). "Classifica di qualità – letteratura in traduzione del 2022". L'INDISCRETO (en italiano). Consultado o 2024-06-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]