Saltar ao contido

Agora Repúblicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agora Repúblicas
Logo
Tipocoalición electoral
IdeoloxíaIndependentismo, Republicanismo, rexionalismo, Nacionalismo de esquerda e Progresismo
Data de fundación3 de abril de 2019
Persoas relacionadasOriol Junqueras e Diana Riba
PaísEspaña
Na rede
https://www.ahorarepublicas.eu/
Twitter: ahorarepublicas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Agora Repúblicas[1][2][3] (en catalán: Ara Repúbliques, en éuscaro: Orain Errepublikak, en castelán: Ahora Repúblicas, en aragonés: Agora Republicas,[4][5] en asturiano: Agora Repúbliques,[6][5] en occitano: Ara Republicas) é unha coalición electoral creada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Euskal Herria Bildu (EH Bildu) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) con Oriol Junqueras como cabeza de lista.[7] Os demais postos na candidatura repartíronse entre EH Bildu, BNG e ERC.[8] Ademais, Andecha Astur, Puyalón de Cuchas, Alternativa Nacionalista Canaria, Congreso Nacional de Canarias e Unidad del Pueblo tamén participaron na candidatura.[9][10][11] Esta coalición é sucesora de L'Esquerra pel Dret a Decidir e Os Pobos Deciden, formacións que participaron nas eleccións europeas de 2014.

Composición[editar | editar a fonte]

2019[editar | editar a fonte]

Partidos que conformaron a coalición para as eleccións de 2019:[12]

Partido Ámbito
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Países Cataláns
Euskal Herria Bildu (EH Bildu) País Vasco (rexión histórica)
Bloque Nacionalista Galego (BNG) Galicia
Andecha Astur (AA) Asturias
Puyalón de Cuchas (Puyalón) Aragón
Unidad del Pueblo (UP) Illas Canarias
Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) Illas Canarias

A coalición estaba formada, inicialmente, por Esquerra Republicana de Catalunya, Euskal Herria Bildu e o Bloque Nacionalista Galego.[13] ERC afirmou que a alianza estaba aberta a outras "forzas soberanistas, republicanas e progresistas".[14] Posteriormente, sumáronse Andecha Astur, Puyalón de Cuchas, Unidad del Pueblo e Alternativa Nacionalista Canaria.

A candidatura estaba encabezada por Oriol Junqueras i Vies (por Esquerra Republicana de Catalunya), Pernando Barrena Arza (por Euskal Herria Bildu) e Diana Riba i Giner (independente). A candidata polo Bloque Nacionalista Galego, Ana Miranda Paz, ocupou o 5° posto.[15]

2024[editar | editar a fonte]

Partidos que conformaron a coalición para as eleccións de 2024:[16]

Partido Ámbito
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Países Cataláns
Euskal Herria Bildu (EH Bildu) País Vasco (rexión histórica)
Bloque Nacionalista Galego (BNG) Galicia
Ara Més (Ara Més) Illas Baleares

A coalición conta coa participación de Comunistes de Catalunya e independentes. Está encabezada por Diana Riba i Giner[17] (como independente), por Pernando Barrena (por EH Bildu) e Ana Miranda Paz (polo BNG).[18] O BNG ocupa o terceiro lugar dentro da candidatura fronte ao quinto posto que lle correspondeu nas pasadas eleccións.[19] A cabeza de lista por Ara Més, Alice Weber,[20] ocupa o posto 15°.

O 21 de maio, os partidos da coalición asinaron un manifesto para pedir o voto xunto con outras formacións como Esquerra Unida i Alternativa, Comunistes de Catalunya, Puyalón, Andecha Astur, Anova, Ahora Canarias e Unidad del Pueblo.[21] Izquierda Castellana fixo tamén un chamamento a votar á candidatura do BNG.[22]

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Parlamento Europeo[editar | editar a fonte]

Parlamento Europeo
Elección Votos % # Escanos +/– Líder da candidatura
2019 1 252 139 5,58%
3 / 59
= Oriol Junqueras

2019[editar | editar a fonte]

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, Agora Repúblicas obtivo un 5,58 % dos votos e 3 escaños.[23]

Territorio Votos % Posición
Andalucía Andalucía 2 846 0,07 % < 10º
Aragón Aragón 1 805 0,27 % < 7º
Asturias Asturias 1 886 0,36 %
Illas Canarias Illas Canarias 2 456 0,28 % < 10.º
Cantabria Cantabria 630 0,20 % < 10.º
Castela-A Mancha Castela-A Mancha 763 0,07 % < 10º
Castela e León Castela e León 1 610 0,12 % < 9º
Cataluña Cataluña 733 401 21,19 %
Ceuta Ceuta 26 0,08 % < 10º
Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana 12 364 0,53 %
Estremadura Estremadura 345 0,06 % < 10º
Galicia Galicia 171 500 11,84 %
Illas Baleares Illas Baleares 20 530 4,90 %
A Rioxa A Rioxa 329 0,20 % 10º
Madrid Comunidade de Madrid 5 733 0,18 % < 10º
Melilla Melilla 12 0,04 % < 10º
Murcia Rexión de Murcia 485 0,08 % < 10º
Navarra Navarra 54 308 16,00 %
País Vasco País Vasco 246 488 22,02 %
España España 1 252 139 5,58 %

Os eurodeputados electos na IX lexislatura do Parlamento Europeo por esta coalición foron os seguintes:

  1. Oriol Junqueras (Esquerra Republicana de Catalunya)
  2. Pernando Barrena (Euskal Herria Bildu), substituído por Ana Miranda (Bloque Nacionalista Galego) en outubro de 2022.
  3. Diana Riba (Esquerra Republicana de Catalunya)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Agora Repúblicas". g24.gal. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  2. "EFA’s campaign for a Europe of ALL peoples to be launched in Brussels". European Free Alliance. 1 de marzo de 2019. Consultado o 7 de marzo de 2024. 
  3. "EFA parties win 12 seats at European Parliament elections". European Free Alliance. 27 de maio de 2019. Consultado o 7 de marzo de 2024. 
  4. Ahora Repúblicas un “voto de ilusión” para “llevar la voz del Aragón rebelde a Madrid y a Europa”. AraInfo. Diario libre d'Aragón. Iker González Izagirre. 6 de abril de 2019
  5. 5,0 5,1 Boletín Oficial del Estado. 30 de abril de 2019
  6. Agora Repúbliques se presenta en Asturies de la mano de Andecha Astur. www.infoasturies.com
  7. Puente, Arturo (15 de xaneiro de 2019). "Ahora Repúblicas, la marca de la candidatura de Junqueras con Bildu y BNG para las europeas". eldiario.es. Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  8. Camps, C. (2019). Ara Repúbliques, la marca d'ERC, Bildu i el BNG a les europees. El Nacional.
  9. "Andecha Astur anuncia en su Conceyu Nacional que participará en las elecciones europeas con la coalición "Agora Repúbliques"". InfoAsturies. 29 de xaneiro de 2019. 
  10. "Puyalón de Cuchas participará en las europeas en la coalición "Agora Republicas"". AraInfo. 6 de febreiro de 2019. 
  11. "Una coalición independentista canaria se presentará a las elecciones autonómicas". El Confidencial Autonómico. 29 de xaneiro de 2019. 
  12. "Ara Repúbliques, la marca d'ERC, Bildu i el BNG a les europees". Consultado o 25 de xaneiro de 2019. 
  13. Puente, Arturo (15 de xaneiro de 2019). "Ahora Repúblicas, la marca de la candidatura de Junqueras con Bildu y BNG para las europeas". Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  14. Diana Riba, dona de Romeva, serà número dos d’ERC per a les eleccions europees. El Punt-Avui, 15 de decembro de 2018.
  15. "Agora Repúblicas, a coalición do BNG con ERC, Bildu e Ara Més para as eleccións europeas". galiciaconfidencial.com. 27 de marzo de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  16. "Agora Repúblicas: BNG, ERC, Bildu e Ara Més asinan o acordo de coalición para as europeas e defenden o seu legado". Nós Diario. 28 de marzo de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  17. "Esquerra Republicana valida les llistes per a les europees, amb Diana Riba com a cap de cartell i Tomàs Molina de número 2". Esquerra Republicana de Catalunya. 14 de abril de 2024. Consultado o 27 de abril de 2024. 
  18. "Ana Miranda pide a confianza dos galegos para que collan a papeleta de Agora-Repúblicas". g24.gal. 7 de xuño de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  19. "O BNG recunca na coalición Agora Repúblicas para as eleccións europeas xunto a ERC, Bildu e Ara Més". Praza.gal. 27 de marzo de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  20. "Ara Més, contra el «colapso» en vivienda". Diario de Mallorca. 7 de xuño de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  21. Esquerra Republicana de Catalunya, ed. (21 de maio de 2024). "Diana Riba: “La coalició Ara Repúbliques ens ha donat grans fruits i es fa gran amb el manifest d’avui amb forces polítiques de tot l’estat”". Consultado o 21 de maio de 2024. 
  22. "Izquierda Castellana pide o voto nas europeas para o BNG". Nós Diario. 4 de xuño de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  23. Elaboración propia a partir de Boletín Oficial do Estado (14 de xuño de 2019). "Acordo do 13 de xuño de 2019, da Xunta Electoral Central, polo que se publican os resultados das eleccións de Deputados ao Parlamento Europeo".