Östasiatiska museet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Östasiatiska museet
Na rede
www.varldskulturmuseerna.se/ostasiatiskamuseet/
Facebook: ostasiatiskamuseet Twitter: savemfea Instagram: ostasiatiska Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Östasiatiska museet ou Museo de Antigüidades do Leste Asiático é un museo situado en Estocolmo (Suecia), fundado polo Parlamento sueco en 1929.[1] O seu primeiro director foi o arqueólogo Johan Gunnar Andersson (1874-1960).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A colección do museo baseouse orixinalmente nas pezas tomadas por Andersson na China durante a década dos 20.[1] Na actualidade, conta con pezas do Xapón, Corea, a India e China.[2] Non só se centra na arqueoloxía, mais tamén nas belas artes e na cultura contemporánea. Ademais, conta cunha gran biblioteca de investigación aberta ao público.

O último catálogo completo do museo publicouse en 1963. Porén, tamén editan unha revista anual sobre a antigüidade do leste asiático, o Bulletin of the Museum of Far Eastern Antiquities.[3]

Armadura dun samurai, elaborada con ferro, coiro e seda (século XIX)
Armadura dun samurai, elaborada con ferro, coiro e seda (século XIX)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "About the museum". Östasiatiska museet (en inglés). Consultado o 2024-05-03. 
  2. "Far Eastern Antiquities Museum: Asia's Timeless Art and History". www.stockholmmuseum.com. Consultado o 2024-05-03. 
  3. "Bulletin of the Museum of Far Eastern Antiquities". Världskulturmuseerna (en inglés). Consultado o 2024-05-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]