Ángela Rodicio
Ángela Rodicio, sinatura profesional de Ángela Rodríguez González, nada en San Cristovo de Regodeigón (Ribadavia) o 6 de marzo de 1963, é unha xornalista e escritora galega en lingua castelá, coñecida maiormente por ser correspondente estranxeira en zonas de conflito.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade Complutense de Madrid. Tomou como apelido artístico "Rodicio", dunha avoa súa. Colaborou, entre outros medios, en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Nosa Terra, Diario 16, Marie Claire, Vanity Fair, a CNN, a BBC e Televisión Española dende 1989, traballando como correspondente na Unión Soviética, os Balcáns, Oriente Medio e Afganistán.[2]
É pública a súa inimizade co seu colega de profesión Arturo Pérez Reverte.[3]
No ano 2003 despedírona de Televisión Española por irregularidades económicas na corresponsalía de Xerusalén.[4] Un xuízo posterior declarou o despido improcedente e condeou ao ente público a readmitila ou indemnizala.[5]
Obra[editar | editar a fonte]
- La Guerra sin frentes. De Bagdad a Sarajevo: memorias de una enviada especial, Temas de hoy, 1998. ISBN 84-7880-953-8.[6]
- Acabar con el personaje, Plaza & Janés, 2005. ISBN 978-84-01-30542-9.[7]
- Palestina, Afganistán (da exposición homónima) canda o fotógrafo Emilio Morenatti, Centro Andaluz de la Fotografía, 2007. ISBN 978-84-96466-86-9.
- El Jardín del Fin: viaje por el Irán de ayer y hoy, Debate, 2011. ISBN 978-84-9992-038-2.[8]
- Dulcinium: El amor perdido de Cervantes, Confluencias, 2016. ISBN 978-84-944761-4-3.[9]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio Internacional da RAI, 1991, polas súas crónicas do Golfo Pérsico.[10]
- Premio Cirilo Rodríguez da Asociación de la Prensa de Segovia en 1992 como parte do equipo de correspondentes de Televisión Española na Guerra de Iugoslavia.[11]
- Premio Víctor de la Serna da Asociación da Prensa de Madrid en 1994.[12]
- Premio ¡Bravo! de televisión da Conferencia Episcopal Española no 2001.[13]
- Premio Galicia en Feminino en 2002 pola súa campaña contra a discriminación das mulleres.
- Premio Maria Grazia Cutuli no ano 2011.[14]
- Medalla de ouro Ricardo Ortega da ONU en 2015 polo guión da reportaxe Exodo en el Dorado, sobre refuxiados colombianos, emitido por Informe semanal.[15]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
No persoal, estivo relacionada con Carlos García Revenga, secretario das infantas Elena e Cristina de Borbón.[16]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ «La otra verdad de la periodista» El Mundo, 11/1/2004 (en castelán).
- ↑ «El equipo» Informe Semanal, 2/3/2010 (en castelán).
- ↑ Villena, Miguel Ángel (1998) Españoles en Los Balcanes: Misiones Civiles y Militares en la Antigua Yugoslavia Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. ISBN 84-8319-034-6.
- ↑ Ángela Rodicio: «Urdaci me compelió a firmar un documento en inglés, sin tiempo para leerlo, y me dijo que estaba cesada» ABC, 27/12/2003.
- ↑ «El juez declara improcedente el despido de Ángela Rodicio» Arquivado 08/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 9/7/2004.
- ↑ Imaxe da cuberta de: La Guerra sin frentes
- ↑ Imaxe da cuberta de: Acabar con el personaje
- ↑ «Donde el paraíso» La Opinión Coruña, 29/7/2012 (en castelán).
- ↑ Dulcinium. El amor perdido de Cervantes, na páxina da editorial
- ↑ «Angela Rodicio, premio de la RAI por sus crónicas sobre el Golfo», El País, 7/8/1991.
- ↑ «El equipo de TVE en el conflicto yugoslavo, premio Cirilo Rodríguez» El País, 31/5/1993.
- ↑ «Palmarés del Premio APM al Mejor Periodista del Año» Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. APM (en castelán)
- ↑ «Premios de la Conferencia Episcopal a periodistas y comunicadores» Zenit, el mundo visto desde Roma, 31/5/2001.
- ↑ «Ángela Rodicio premio internacional de xornalismo Maria Grazia Cutuli» Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
- ↑ «Announcing the Winners of the 2015 UNCA Awards» United Nations Correspondents Association (en inglés).
- ↑ «El centinela de las infantas», Las Provincias, 4/2/2013 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Rodicio, Ángela". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 495. ISBN 84-7680-288-9.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo, t. 3, p. 175.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 495. ISBN 84-8064-113-4.
- Castro Antonio, Ana María (2012) Galegas ilustres para nenas do século XXI, Editorial Trymar, ISBN 978-84-92959-75-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- EFE: Ángela Rodicio: «Sabía demasiado y en esas situaciones lo mejor es callarse» Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Diario de León, 24/5/2005.