Álvaro Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro Lemos
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1993 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Peso72 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña
- Real Club Celta de Vigo
2011-2015 Deportivo Fabril 56(14)
2014-2015cesión Sociedade Deportiva Compostela 16(1)
2015- Club Deportivo Lugo Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2024-   Selección de fútbol de Galicia 1(0) Editar o valor em Wikidata

Álvaro Lemos Collazo, nado en Villestro (Santiago de Compostela) o 30 de marzo de 1993, é un futbolista galego. Xoga de lateral dereito ou extremo e o seu equipo actual é a UD Las Palmas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militou nas categorías inferiores da SD Villestro ata os 12 anos, cando fichou polas categorías inferiores do Deportivo da Coruña. O 21 de xullo de 2014 fíxose oficial a súa cesión á SD Compostela por unha tempada.[1] Tras acabar a tempada no club compolán, Lemos asina un contrato por varios anos co Club Deportivo Lugo. No equipo lucense, tras non participar moito na primeira volta, a súa conversión a lateral dereito faille facer cun posto no once inicial. Ao final de temporada, o Celta de Vigo interésase polos seus servizos e ficha ao xogador por 700.000 €. Tras non participar con cadro celeste, en 2017 é cedido ao Racing Club de Lens da Ligue 2, onde tampouco goza de moito protagonismo, participando tan só seis encontros. A falta de minutos leva á fin da súa cesión no club francés, sendo anunciada a súa volta ao Lugo o 10 de xaneiro de 2018 tamén en calidade de cedido.

Selección galega[editar | editar a fonte]

Álvaro Lemos coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[2]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano Partidos Goles
SD Compostela Segunda B 2014−2015 16 1
Lugo Segunda 2015−2016 22 0
RC Celta de Vigo Primeira
Europa League
2016−2017 5
3
1
0
RC Lens Ligue 2 2017−2018 6 1
CD Lugo Segunda 2018 8 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La SD Compostela cierra con el Deportivo la cesión de Álvaro Lemos; sdcompostela.com, 21 de xullo de 2014
  2. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]