Sarandë

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSarandë
Imaxe

Localización
Mapa
 39°53′N 20°01′L / 39.88, 20.02Coordenadas: 39°53′N 20°01′L / 39.88, 20.02
EstadoAlbania
CondadoCondado de Vlorë
DistritosDistrito de Sarandë Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación41.000 (2017) Editar o valor em Wikidata (695,39 hab./km²)
Xeografía
Superficie58,96 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal9701–9703 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico85 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websarandaweb.net Editar o valor em Wikidata

Sarandë ou Saranda (en grego: Άγιοι Σαράντα e en italiano: Santa Quaranta) é unha cidade de Albania e sede do concello honónimo. Xeograficamente, a cidade está situada nun golfo en mar aberto do mar Xónico dentro do mar Mediterráneo. Estendese ao longo da costa albanesa e ten un clima mediterráneo con máis de 300 días de sol ao ano.

Na antigüidade, a cidade era coñecida como Onchesmus ou Onchesmos e era a cidade portuaria de Caonia no antigo Epiro. Debe o seu nome moderno ao próximo mosteiro bizantino dos Corenta Santos (Agioi Saranda) polo que se deu a coñecer dende a Alta Idade Media. Sarandë hoxe é coñecida polas súas augas azuis do Mediterráneo. Preto de Sarandë atópanse os restos da antiga cidade de Butrinto, Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Nos últimos anos, Sarandë viu un aumento constante de turistas, moitos deles chegados en cruceiros. Os visitantes son atraídos pola contorna natural de Sarandë e os seus xacementos arqueolóxicos. Sarandë está habitada por unha maioría de albaneses étnicos, e tamén ten unha comunidade grega minoritaria e, como tal, é considerada un dos dous centros da minoría grega en Albania.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pettifer, James (2001). The Greek Minority in Albania In the Aftermath of Communism. Defence Academy of the United Kingdom. ISBN 1-903584-35-3. Arquivado dende o orixinal o 2009. 

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.