Romaría da tortilla de Laro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tortilla de Laro.

A Romaría da Tortilla é unha festa gastronómica na que se exalta a tortilla de patacas. No ano 2013, foi declarada festa de interese turístico[1].

Ten lugar cada ano na parroquia de Laro no concello de Silleda. Celébrase o venres da primeira fin de semana de agosto desde 1989. A Romaría é moi popular pola zona da comarca do Deza e arredores, e reúne ao redor de 10.000 persoas todos os anos[2]

Organización[editar | editar a fonte]

A noite da romaría empeza sobre as 8 do serán, momento no que a asistencia de xente é xa moi elevada. Horas máis tarde ten lugar o pregón, a cargo dun persoeiro. Rematado o discurso de exaltación do produto, comezan as distintas charangas e grupos musicais e percorrer metodicamente a carballeira, enchendo de son cada un dos seus recunchos.

Como vén sendo habitual dende fai anos, os veciños da parroquia elaboran tortillas, o mesmo día da romaría, e logo repártense entre os asistentes. A comisión de festas pon a disposición do público a carballeira, onde cada quen instala a súa mesa para cear. O viño é gratuíto, pedíndose como único requisito que se colabore coa festa mercando unha xarra co logotipo da edición da romaría.

Existe un servizo de autobuses, con saída e retorno dende varios puntos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia na web de turismo do concello
  2. "Cortegada e Laro exaltan o bo comer", artigo de M. Garabantes en La Voz de Galicia, 12 de xullo de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Festas gastronómicas do concello de Silleda

Festa da carne ao caldeiro de Piñeiro | Festa da castaña de Breixa | Festa do chourizo ao viño de Ponte | Festa da empanada da Bandeira | Festa da paella de Cortegada | Festa da rosquilla de Abades | Festa do lacón de Silleda | Romaría da tortilla de Laro