Ferreira de Pantón, Pantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferreira de Pantón
Praza do Concello.
ConcelloPantón[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°30′40″N 7°37′38″O / 42.511077777778, -7.6272638888889Coordenadas: 42°30′40″N 7°37′38″O / 42.511077777778, -7.6272638888889
Área4,4 km²
Poboación609 hab. (2012)
Densidade138,41 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Ferreira de Pantón é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 609 habitantes (299 homes e 310 mulleres), un máis ca en 2011. A parroquia ten 17 lugares.

Historia[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial rematouse de construír en 1796. Anteriormente a igrexa atopábase nun prado preto da aldea do Basillao, e a parroquia chamábase Santa María de Basillao:

Fernando II, xunto co seu fillo Afonso, dá a dona Fronilde e ó mosteiro de Ferreira todo o que tiña no couto de Ferreira, coas igrexas de Santa María de Basillao, San Vicente de Deade, San Martiño de Siós e San Ciprán de Vilamelle[2]
Cartas Diplomáticas do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, 1180

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias pantonesas de Castillón e Moreda polo norte; Pantón polo leste; Siós, Deade e Següín polo sur e Eiré polo leste.[3]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na parroquia están situados o mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, o castro de Ferreira e o castelo de Maside.

No lugar de Goián atópase un pazo que pertenceu ao duque de Sagro. O templo parroquial é do século XVIII, decorado con retablos do século XIX. A Casa Consistorial é un edificio señorial de pedra de cantería, do século XVII. Outros edificios notables a destacar son: a Casa da Fonte, Casa de Mazás e a Torre do Mouro.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Pantón.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ferreira de Pantón[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ferreira de Pantón no concello de Pantón (Lugo)

Basillao | As Bouzas | A Capa | Os Castriños | O Castro de Ferreira | O Curro | A Estrada | Goián | Lavandeira | O Mouro | Os Ramos | Santadriao | A Torre | O Valiño | A Vila da Carreira | A Vila do Mato | A Vila do Souto

Parroquias de Pantón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pantón

Acedre (San Romao) | Atán (Santo Estevo) | Cangas (Santiago) | Castillón (Santiago) | Deade (San Vicente) | Eiré (San Xulián) | Espasantes (Santo Estevo) | Ferreira de Pantón (Santa María) | Frontón (San Xoán) | Mañente (San Mamede) | Moreda (San Romao) | Pantón (San Martiño) | Pombeiro (San Vicente) | Ribeiras de Miño (Santo André) | San Fiz de Cangas (San Fiz) | San Vicente de Castillón (San Vicente) | Santalla de Toiriz (Santalla) | Santo Estevo do Mato (Santo Estevo) | Següín (Santo André) | Serode (San Xulián) | Siós (San Martiño) | Toiriz (Santa María) | Toldaos (San Xoán) | Tribás (San Martiño) | Vilamelle (San Cibrao) | Vilar de Ortelle (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (1994). Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón. Diputación provincial de Lugo. ISBN 84-8192-061-4. 
  3. "Mapa da Xunta de Galicia". 
  4. Rielo Carballo, Isaac (2000). "Pantón, historia e fidalguía". Editorial Compostela. ISBN 84-8064-095-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]