Campo de Criptana
Campo de Criptana é un concello da provincia de Cidade Real, na comunidade de Castela-A Mancha. Atópase situado na comarca natural da Mancha, dentro da subcomarca denominada Mancha Alta.
Demografía e xeografía[editar | editar a fonte]
O concello de Campo de Criptana localízase no sector central das terras manchegas. O seu termo municipal limita coas localidades de Alcázar de San Juan ao oeste, Tomelloso e Arenales de San Gregorio ao sur e Pedro Muñoz ao leste, en Cidade Real; e coas toledanas de El Toboso, Miguel Esteban e Quero ao norte.
Evolución demográfica de Campo de Criptana entre 1900 e 2007 | |||||||||||
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2007 |
7.707 | 10.928 | 12.745 | 14.279 | 15.427 | 15.659 | 14.608 | 13.405 | 13.049 | 13.491 | 13.184 | 14.314 |