Huecco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Huecco
Nacementomarzo de 1974
Lugar de nacementoPlasencia
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantautor e cantante
Na rede
http://www.huecco.es/
IMDB: nm2212693 Twitter: Huecco Spotify: 6Zd2JZF0kIBpeyv2FlPh8i Last fm: Huecco Musicbrainz: 4d6af5df-adb2-4e75-951e-5874feacdc0e Songkick: 359859 Discogs: 1388118 Allmusic: mn0000716694 Deezer: 65072 Genius: Huecco Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Huecco no 2017.

Huecco, nado en Plasencia en 1974 é un cantante español, exmembro de Sugarless. Durante esa etapa era coñecido coma Ivanh.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con Sugarless gravou tres discos: Asegúramelo, Más gas e Vértigo. Deste último vendéronse 20.000 copias en España. Coa banda realizou unha chea de concertos por toda a xeografía española, así coma en Latinoamérica. Compartiu escenario con bandas como Slipknot. Tralo abandono do grupo que o deu a coñecer, no 2006 edita un disco que leva por título o seu nome. Participou no Viña Rock 2007. O seu segundo disco titulado Assalto saíu a venda a finais de abril do 2008.

Huecco é un cantante que fusiona e mestura gran cantidade de xéneros e estilos musicais. Nas súas cancións aprécianse toques e influencias que van dende o rock ata a rumba, pasando polo pop, mambo, reggaeton, ska ou hip hop. Tamén é coñecido por crear o rumbatón.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Huecco, o seu primeiro disco, coñeceuse a voz de Sugarless en solitario. Este álbum viu a luz , principalmente, en países de fala hispana aínda que tamén se vendeu nos EUA, o Brasil ou Portugal. É o resumo das influencias que foi recompilando nas súas viaxes durante anos para combinalas cás súas raíces españolas.

Para o seu segundo disco, gravado nos Ánxeles baixo a tutela de Thomas Russo, o artista inspirouse en xéneros tan diferentes coma o flamenco ou a chason francesa.

Discos[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Huecco

  • "Pa' mi guerrera"
  • "Tacones baratos"
  • "Idiota"

Assalto

  • "La Reina de los Angelotes"
  • "Mirando al cielo"
  • "Se acabaron las lágrimas"

Dame Vida

  • "Dame vida"
  • "Amar en tiempos violentos"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • [1] Web oficial de Huecco