Cara a Times Square

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cara a Times Square
Autor/aCamilo Gonsar
OrixeEspaña
Lingualingua galega
Xénero(s)novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1980
Páxinas136
editar datos en Wikidata ]

Cara a Times Square é unha novela de Camilo Gonsar publicada en 1980 pola Editorial Galaxia. O autor nesta obra recorre ó artificio do "relato atopado" que el só se limita a editar (neste caso despois de traducilo do inglés). Na novela tece un discurso ambiguo, alucinado, con sentido de alegoría aberta que procura a reflexión do lector.

Argumento[editar | editar a fonte]

O narrador-protagonista diríxese a unha segunda persoa, destinataria do escrito, presentando os sucesos dunha noite en que se atopa un estraño personaxe, a quen nomea como "o Belga". Ambos inician un deambular nocturno polas rúas de Nova York, no que recorren espazos fantasmagóricos, que xunto co solipsismo do Belga acaban desesperando ó narrador quen, mentres pasean polo peirao, tira ó mar ó seu acompañante.

O capítulo final semella explicar o relato como un soño do narrador, mais axiña advírtese do erróneo desta percepción.

Edicións e tradución[editar | editar a fonte]

Foi incluída na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.

Foi traducida ao castelán polo propio autor co título de Hacia Times Square publicado en 1999 por Editorial Trea[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BITRAGA". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]