Táboas (xadrez)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Táboas por insuficiencia de material.

Táboas é o nome que ten o empate no xogo do xadrez. Nos torneos, este resultado outorga medio punto a cada xogador, expresado xeralmente como "0.5-0.5" ou "½-½".

Cando conclúe unha partida en táboas?[editar | editar a fonte]

Hai varias condicións establecidas nas que unha partida de xadrez declárase empate:

1. Material insuficiente.

  • a) Sobre o taboleiro non hai máis pezas que os reis.
  • b) Rei e cabalo ou rei e alfil contra rei só.
  • c) Rei e cabalo ou rei e alfil contra rei e cabalo.

2. Repítese a posición no taboleiro por terceira ocasión no transcurso da partida.

Táboas por rei afogado.

3. O bando ao que lle toca mover non ten xogadas legais dispoñibles e ademais o seu rei non está en xaque (a isto denomínaselle afogado).

4. Cando transcorreron 50 xogadas (por cada bando) (movemento 50) desde a última vez que se capturou unha peza ou desde a última vez que se moveu un peón.

5. Xaque continuo: Este é o termo que se aplica ás situacións nas cales un xogador pode, dun modo indefinido, ir dando xaques ao rei contrario, pero sen poder chegar ao xaque mate. O xaque continuo (ou xaque perpetuo) é moi útil para aquelas situacións nas que un xogador non ten outro recurso para defender unha mala posición; evita deste xeito a perda da partida.

6. Ademais, os xogadores dunha partida poden acordar táboas en calquera momento da mesma. A isto denomínaselle táboas de mutuo acordo.