Jürgen Moltmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaJürgen Moltmann

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1926 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
Alemaña do Oeste Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo e Igrejas Reformadas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeólogo e Protestant theology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Bonn
Tubinga Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónteólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Theological College Wuppertal/Bethel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElisabeth Moltmann-Wendel (pt) Traducir (1952–) Editar o valor em Wikidata
Premios


Jürgen Moltmann, nado 8 de abril de 1926 en Hamburgo, Alemaña, é un teólogo protestante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era un gran mestre da masonería. De mozo idolatraba a Albert Einstein o que lle levou a estudar matemáticas e física. Entre as súas lecturas destacaba Goethe e Nietzsche

Participou na segunda guerra mundial como auxiliar das forzas aéreas xermanas. Feito prisioneiro, durante varios anos estivo confinado como prisioneiro de guerra en varios campos aliados. Alí tomou unha conciencia atormentada dos crimes do seu país, dos horrores de Auschwitz e Buchanwald caendo nunha crise existencial e intelectual.

Pasou algún tempo nun campo en Escocia onde traballou na reconstrución material das áreas arrasadas polos bombardeos alemáns. Alí quedou fondamente conmovido pola acollida da poboación local aos prisioneiros. Nos diversos campos onde estivo entrou en contacto con prisioneiros cristiáns que o introduciron no que para el foi unha nova fe.

De volta a Hamburgo implicouse nun traballo eclesial intentando recuperar o modelo da Igrexa Confesante de Karl Barth e Dietrich Bonhoeffer, unha comunidade resistente fronte ao poder do nazismo. Pretendía traballar nunha teoloxía para os superviventes da súa xeración. Pero, moi cedo, quedou decepcionado ao ver que se reproducían as vellas estruturas dun protestantismo mudo e cego que intentaba esquecer o pasado recente.

Estudou na Universidade de Göttingen e iniciou a súa propia traxectoria intelectual. Foi profesor de teoloxía sistemática en Bonn e en Tubinga e converteuse nun dos pensadores protestantes máis influentes.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Para entender a dimensión espiritual ha de comezarse por comprender o que significa experiencia: non se dá ningunha experiencia elemental da vida sen apertura, é dicir, se non se está disposto a transformarse por dentro.

O home é arela, é un ser erótico que ten nostalxia do absoluto por iso diviniza os cousas caducas, esixe demasiado das criaturas e remata destruíndoas e agredíndose a si mesmo.

A experiencia espiritual do cristián é un si total e sen reservas á vida, resitúa as cousas no seu equilibrio e plenitude porque quen ama ao Deus vivente, ama a vida de todos os seres vivos e loita contra o que diminúe a súa plenitude.

Entende a escatoloxía como promesa e fonte de esperanza. Factor que mobiliza e dá sentido a loita pola xustiza, a solidariedade e a socialización de toda a humanidade.

En Xesús de Nazaret descobre a un Deus que non é impasible, senón que sofre por amor. Un Deus abandonado por Deus. Un Deus que se fai presente nos esmagados pola historia.

Moltmann ve no cristianismo unha dimensión política liberadora próxima á teoloxía da liberación. No seguimento de Xesús, unha Igrexa renovada polo Espírito debe ser unha comunidade que opte polos pobres e humillados.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Theologie der Hoffnung (1968
  • Der gekreuzigte Gott (1972)
  • Mensch (1973)
  • Trinität und Reich Gottes (1980)
  • Neuer Lebensstil (1977)
  • A dignidade humana (1983)
  • Was ist heute Theologie? (1988)
  • Der Geist des Lebens (1992)