Daniel Zueras
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Daniel Zueras | |
---|---|
![]() Concierto en Ariño, agosto 2007 | |
Data nacemento | 13 de novembro de 1980 |
Nado en | Zaragoza |
Ocupación | cantante |
Xénero | pop, dance |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music- Vale Music |
Na rede | |
DanielZuerasFanClub.com | |
![]() ![]() ![]() |
Daniel Zueras Herreros, nado en Zaragoza o 13 de novembro de 1980, é un cantante aragonés de pop e dance. A súa música é unha mestura Pop/Dance e R&B, con influencias da electrónica dos anos 80. Foi concursante do concurso musical de Telecinco Operación Triunfo 2006, quedando en segundo posto, por detrás de Lorena.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Desde moi pequeno quixo dedicarse ó mundo da música. Fillo dun axente comercial e dunha cociñeira, estudou solfexo e piano. Gústalle correr pero, sobre todo, cantar. Antes de ingresar en Operación Triunfo traballaba como camareiro os fins de semana nun cine da capital aragonesa, pero sempre quixo dedicarse á música, sendo o seu ídolo Mariah Carey. No 2006 chegou a súa oportunidade.
Operación Triunfo[editar | editar a fonte]
En 2006, Daniel presentouse aos cástings de Barcelona, nos que pasou tódalas probas ata que lle deron a feliz noticia de que era un dos 20 finalistas que actuarían na Gala 0 de Operación Triunfo con Jesús Vázquez.
Dende o inicio do concurso Daniel caracterizouse na Academia pola súa doce voz, coa que interpretou temas Pop e baladas, coma "Otra vez" (de Coti con Paulina Rubio), "Unchained Melody", de Righteous Brothers, "Last Christmas" de George Michael, "Blue Velvet", de Bobby Vinton, ou "Me & Mrs. Jones", de Billy Paul. Daniel conseguiu o segundo posto, por diante de Leo e a poucos votos de Lorena, gañadora do concurso.
Siempre sale el sol[editar | editar a fonte]
Despois de pasar varios meses traballando entre Roma e Madrid, o seu álbum debut, compaxinándoo cos concertos de Operación Triunfo, o 23 de abril de 2007 saíu ó mercado, Siempre sale el sol un disco con temas pop, dance e R&B.
Unha semana antes publicárase o primeiro single do disco (16 de abril), que se titula "No quiero enamorarme". Dende esa data o videoclip tivo moita repercusión entre o público, debido a que nese vídeo saen escenas con contidodo sexual (un trío entre Daniel, unha moza e un mozo). O vídeo, segundo Daniel, pretendía romper coa imaxe de mozo inocente que se lle deu na Academia. En Youtube, o videoclip tivo máis de 628.080 visualizacións en 7 meses.
Durante os primeiros 5 meses no mercado, Daniel vendeu 25.000 copias do seu disco Siempre sale el sol, que chegou a ocupar o posto #31 das listas de vendas españolas.
Zuelas recibiu un premio como Artista Revelación do 2007, outorgado polo Grupo Vocento, pola súa trayectoria musical.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
- Lo mejor de Daniel y OT (2006)
- Siempre Sale El Sol (2007)
Sinxelos[editar | editar a fonte]
- "No Quiero Enamorarme" (2007)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- DanielZuerasFanClub.com - Páxina web do Club De Daniel Zueras
- Web de BBVA - Daniel - Páxina web de blueBBVA, sección de Daniel Zueras
- Foro Portalmix De Daniel Zueras. [Ligazón morta]-
- DanielZuerasWeb.com - Páxina web NON oficial de Daniel Zueras.
- Portalmix.Daniel Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine. - Páxina web de Portalmix con datos de Daniel.
- Revista Daniel Zueras - Páxina web da revista Daniel Zueras