Dodro
Coordenadas: 42°42′56.6″N 8°42′14.9″O / 42.715722, -8.704139
Dodro | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||
Situación | ||||||
Xentilicio[1] | dodrense | |||||
Xeografía | ||||||
Provincia | Provincia da Coruña | |||||
Comarca | Comarca do Sar | |||||
Poboación | 2.675 hab. (2022)[2][3] | |||||
Área | 36,1 km²[3] | |||||
Densidade | 74,1 hab./km² | |||||
Entidades de poboación | 26 aldeas en 3 parroquias[4] | |||||
Capital do concello | Tallós | |||||
Política (2019[5]) | ||||||
Alcalde | Xabier Castro Tourís (PSdeG[6]) | |||||
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: Unidade Veciñal de Dodro: 2 | |||||
Eleccións municipais en Dodro | ||||||
Uso do galego[7] (2011) | ||||||
Galegofalantes | 86,57% | |||||
Na rede | ||||||
dodro.gal | ||||||
[ editar datos en Wikidata ] |
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten o concello a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 24 km e de Ribeira atópase a uns 35 km, ten unha superficie de 36,1 km² e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 2791 habitantes[8] (1357 homes e 1434 eran mulleres), cunha densidade de poboación de 77,31 hab./km².
O concello de Dodro conserva espazos naturais de grande importancia ambiental e paisaxística, como as Brañas de Laíño que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia[9], incluídas no Sistema Fluvial Ulla-Deza e declarada zona especial de conservación (ZEC)[10]. Preserva moitos elementos tradicionais como os cruceiros, os muíños, os hórreos e os reloxos de sol, exemplo da etnografía galega, en diferentes estados de conservación, ademais dunha rica tradición oral e escrita. Pazos históricos que lembran a nobreza de antano e igrexas do barroco completan o patrimonio arquitectónico do municipio.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situación[editar | editar a fonte]
O concello de Dodro sitúase na vertente dereita do río Ulla, limita ó norte co concello de Rois, ó leste co de Padrón e ó oeste cos municipios de Lousame e Rianxo.
Non hai núcleos de poboación importantes; atópanse a maioría das casas á beira da estrada AC-305, a antiga C-550, que une Padrón e Ribeira e atravesa o concello de Leste a Oeste. Existe ademais unha ampla rede de estradas secundarias que comunican os distintos núcleos de poboación.
Ten a capitalidade o concello en Tallós, onde se sitúa a casa consistorial que data do ano 1906. Este municipio pertence, xunto con Padrón e Rois, á comarca do Sar aínda que pola súa localización está tamén moi vinculado á veciña comarca do Barbanza.
A distancia dende a capital do concello a outros núcleos de poboación de importancia que se atopan próximos é a seguinte:
- Padrón: 5 km.
- Pontevedra: 38 km.
- Rianxo: 10 km.
- Ribeira: 35 km.
- Santiago de Compostela: 25 km.
Orografía[editar | editar a fonte]
O concello atópase nunha zona prelitoral situada na Depresión Meridiana, preto da desembocadura do río Ulla na ría de Arousa. O municipio está caracterizado por un nivel chairego que liga coas ladeiras da Serra do Barbanza. Así, nun espazo tan pequeno coexisten dúas áreas ben contrastadas; unha baixa, coincidente co val do Ulla no que se atopa a paraxe natural das Brañas de Laíño, e outra, no norte do concello, montañosa, de gran riqueza forestal e orientada a solaina.
O punto máis elevado é a Lomba da Poza con 576 metros seguido do Monte Morouzas de 312 metros, o monte Caldebarcas con 312 metros, o Carboeiro con 302 metros e o Vilar de 227 metros; zona montañosa constituída polas estribeiras mais orientais da Serra do Barbanza, montes suavizados que defenden as terras máis baixas e os cultivos das inclemencias dos ventos do primeiro cuadrante. O declive é bastante pronunciado, pois son alturas considerables que descenden dende os cincocentos metros ata o nivel do mar.
Na parte mais meridional do concello discorre o río Ulla que constitúe un amplo val de marismas, brañas e veigas de moita fertilidade, que se atopan ó amparo e resgardo dos montes que mencionamos. Xunto co río Sar existen pequenos ríos e numerosos regueiros que verten as súas augas no río Ulla[11].
Xeoloxía e edafoloxía[editar | editar a fonte]
O material xeolóxico sobre o que se asenta a zona é nunha serie de rochas graníticas prehercínicas na que se inclúen gneises, migmatitas, granitos e granodioritas[12]. Canto á edafoloxía; na maior parte da superficie do monte atópanse solos de tipo Umbrisol húmico (FAO, 1998) de 50 a 70 cm. de profundidade media; nas zonas de ladeira, onde a pendente é moi pronunciada aparecen enclaves con solos de tipo Leptosol úmbrico (FAO,1998), onde a profundidade edáfica rolda os 25 cm. As brañas de Laíño constitúen un extenso val na parte máis meridional do concello, formado sobre sedimentos aluviais, que se estende á beira do río Ulla. Debido á abondosa cantidade de minerais resistentes predominan as texturas franco-areosas e no referente á química hai que sinalar a acidez típica dos solos galegos.
Formacións vexetais[editar | editar a fonte]
A superficie forestal do concello está constituída por repoboacións de coníferas, principalmente piñeiro do país (Pinus pinaster) e en menor proporción piñeiro insigne (Pinus radiata), representando o 50 % da superficie; a vexetación climática natural, que inclúe ós bosques de ribeira, está representada en menor medida, porén as Brañas de Dodro abranguen unha elevada porcentaxe da superficie do concello (954,20 ha)[13], unha brañeira de gran riqueza ecolóxica.
As masas formadas pola presenza de dúas ou tres especies, que son xeralmente o carballo (Quercus robur) xunto co piñeiro do país (Pinus pinaster) e o eucalipto (Eucaliptus globulus), son moi frecuentes, ocupando o 20 % da superficie total.
Canto as zonas ocupadas por cultivos e pastos, representa o 20 % da superficie. Por último as zonas ocupadas por matogueiras representan unha pequena porcentaxe da superficie total[14].
Hidrografía[editar | editar a fonte]
O río Ulla pertence á Confederación Hidrográfica do Norte. A conca do río Ulla discorre pola parte meridional do concello, próximo á súa desembocadura na ría de Arousa, conformando un amplo val onde hai brañas. Existen varios ríos de curso rápido e curto percorrido que nacen dentro dos límites do concello como son o da Devesa, afluente do río Te, o de Manselle ou o de Vigo (río de San Lufo), que conflúen no Ulla. Hai tamén diversos regatos e regueiros.
Clima[editar | editar a fonte]
Dodro atópase no dominio climático oceánico-hiperhúmido que se caracteriza por unha concentración das precipitacións de inverno, arredor dos 1.500 mm, sequidade estival, néboas, escasa presenza de xeadas e unha temperatura media de 12 °C cunha oscilación térmica superior ós 10 °C[15].
![]() | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura media mensual (°C) | 9,1 | 9,7 | 12 | 13,4 | 15,8 | 18,7 | 21 | 20,8 | 19 | 15,9 | 11,7 | 9,4 | |
Temperatura media das mínimas (°C) | 4,7 | 4,9 | 6,4 | 7,7 | 9,9 | 12,6 | 14,4 | 14,4 | 13 | 10,3 | 6,8 | 5,3 | |
Temperatura media das máximas (°C) | 13,4 | 14,6 | 17,5 | 19,2 | 21,7 | 24,9 | 27,5 | 27,1 | 24,9 | 21,5 | 16,5 | 13,6 | |
Temperatura media das mínimas absolutas (°C) | -1,2 | -1,1 | 1 | 2,7 | 4,5 | 7,9 | 9,5 | 9,7 | 7,6 | 4,1 | 0 | -1,3 | |
Temperatura media das máximas absolutas (°C) | 18,1 | 20,8 | 24,6 | 26,9 | 31,1 | 34 | 36,5 | 34,8 | 32,8 | 28,4 | 21,2 | 17,9 | |
Precipitación media mensual (mm) | 216 | 169 | 170 | 119 | 108 | 69 | 37 | 53 | 104 | 146 | 209 | 202 | |
Fonte: Estación meteorolóxica de Herbón (Padrón). |
Demografía[editar | editar a fonte]
Estrutura da poboación[editar | editar a fonte]
A poboación de feito no concello segundo o censo municipal de habitantes a 1 de xaneiro de 2013 é de 2.934 habitantes, que se establece en 26 núcleos. A poboación distribúese nun territorio de aproximadamente 36,1 km² o que supón unha densidade media de 81,27 hab./km².
Censo total 2015 | 2.882 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 317 (11 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.754 (60.86 %) |
Maiores de 65 anos | 811 (28.14 %) |
A poboación atópase diseminada polas tres parroquias do concello[16]; sendo a parroquia de Santa María de Dodro a de maior densidade de poboación con 1.231 veciños distribuídos en 7,20 km², seguida de San Xoán de Laíño con 968 nunha superficie de 17,18 km² e, por último, San Xián de Laíño con 735 habitantes en 11,70 km²; como se pode apreciar na seguinte táboa:
Parroquia | Homes | Mulleres | Total | Densidade (hab. / km²) |
---|---|---|---|---|
Santa María de Dodro | 609 | 622 | 1231 | 170,97 |
San Xián de Laíño | 352 | 383 | 735 | 62,82 |
San Xoán de Laíño | 474 | 494 | 968 | 56,34 |
Total | 1435 | 1499 | 2934 | 81,27 |
Fonte: Instituto Nacional de Estadística |
Evolución da poboación[editar | editar a fonte]
Demograficamente este concello presenta unha situación desfavorable cunha tendencia ó despoboamento, feito agudizado no período de 1.986 a 1.998, esta característica convén relativizala, pois é unha feito común na maioría dos concellos galegos. Así mesmo a partir de 1.998 a poboación diminúe paulatinamente pero a tendencia non é tan acusada como nos anos precedentes[8].

Evolución da poboación de Dodro Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3.181 | 3.213 | 3.262 | 3.542 | 3.162 | 3.029 | 2.980 | 2.977 | 2.934 | 2.913 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Pirámide de poboación[editar | editar a fonte]
A pirámide adopta unha forma acampanada cun crecemento de poboación moi moderado de baixa natalidade e mortalidade, propia de países desenvolvidos.
- Pirámide de poboación no ano 2013[17]:


Inmigración[editar | editar a fonte]
Principais nacionalidades estranxeiras (2013)[18] | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Posición | Nacionalidade | Poboación | |||||
1ª | ![]() |
10 | |||||
2ª | ![]() |
4 | |||||
3ª | ![]() |
2 | |||||
4ª | ![]() |
1 | |||||
![]() |
1 | ||||||
![]() |
1 | ||||||
![]() |
1 | ||||||
Fonte: Instituto Galego de Estatística |
Segundo os datos recompilados polo IGE hai en Dodro 2.934 habitantes, dos cales 22 son de nacionalidade estranxeira[18], a meirande parte procede de Romanía; hai 10 persoas orixinarias dese país do leste de Europa.
Os índices de poboación inmigrante no concello sinalan que a porcentaxe de poboación estranxeira é do 0,75%, un número pouco significativo; moi afastado da media galega, que rolda o 4% e tamén da media estatal, que anda arredor do 10%.
Historia[editar | editar a fonte]
Prehistoria[editar | editar a fonte]
A orixe do poboamento é moi antiga, así o demostran os sitios arqueolóxicos do Megalítico que hai no concello[19]. A arquitectura megalítica introdúcese seguramente en Galicia nalgún momento do quinto milenio antes de Cristo desde a zona norte de Portugal.
Algún dos túmulos funerarios que hai en Dodro do período megalítico están sen catalogar e outros xa desaparecidos; entre os restos que se conservan están as mámoas da Paradegua e Balouta do período Neolítico e o sitio arqueolóxico do Riasós da Idade do Cobre.
Da Idade de Bronce son os petróglifos, destacando o petróglifo de Bouza Abadín entre os varios sitios arqueolóxicos que se atopan, e da Idade de Ferro son cinco os castros distribuídos pola xeografía do concello.
Idade Antiga[editar | editar a fonte]
Da Idade Antiga hai varios restos. Ó longo da época romana empézanse a sentar as bases do poboamento actual; os romanos aséntanse militarmente en Galicia obrigando ós habitantes dos castros a abandonalos, iniciándose a ocupación dos vales, que é cando aparecen as villae ligadas ás explotacións agrícolas.
No tránsito entre a Idade Antiga e a Idade Media construíuse no monte Vilar unha asentamento fortificado, ou refortificouse un castro preexistente, coñecido como Castelo de Monte Vilar[20].
Idade Media[editar | editar a fonte]
O enclave de Iria foi o centro de boa parte da Gallaecia máis occidental, que durante o reino suevo pasa a ser unha das grandes demarcacións parroquiais nas que se organizou o territorio galego. Durante a súa expedición do ano 997 Almanzor atravesou o río Ulla e arrasou Iria e máis Compostela[21].
Das Torres de Lestrobe hai documentos que indican que as debeu ser residencia dun xefe na Idade Media. A construción orixinal eran dúas torres defensivas, que se ergueron ó pe do castro de Lestrobe, pero debido a diversas incursións sufriron danos, ata que se reconstruíron no século XVII, converténdose no pazo que é actualmente.
A partir do século XII, é cando se van labrando de forma progresiva as terras do concello. É no século XII cando a raíña dona Urraca lle concede ó arcebispo de Santiago Diego Xelmírez o Señorío das Terras de Santiago, que existiría ata a súa supresión a mediados do século XIX[22]. Laíño depende dos arcebispos de Compostela e pertence á xurisdición dos señores de Rianxo, descendentes de Paio Gómez Chariño, almirante e trobador en lingua galega.
O primeiro documento do que se ten constancia sobre Dodro está asinado polo arcebispo Xelmírez en 1114; "Aldara Guteridiz dóalle a San Martiño Pinario a cuarta parte da igrexa de Santa María de Dalodro", en 1118 a raíña Urraca e o seu fillo Afonso VII confirman esa doazón[23].
Idade Moderna[editar | editar a fonte]
No século XVI sabemos que había en Dodro 70 habitantes e 120 en Laíño, pouco despois, cando chegou aquí o visitador do arcebispo Jerónimo del Hoyo en 1606, a parroquia de Dodro tiña 90 fregueses[24][25]. É no século XVI, durante a Idade Moderna, cando comeza en Dodro o asentamento de varias familias nobres. Dodro e Lestrobe formarán couto redondo baixo o señorío do Marqués de Bendaña, dono do pazo de Dodro. Outra das familias nobres que se asenta en Dodro é a dos Ballesteros; así o reflicten os documentos sobre preitos e a construción do pazo de Tarrío, de onde saíu o ministro de facenda de 1822 Luís López Ballesteros. As parroquias que integran hoxe en día o concello estaban divididas en dúas xurisdicións, a de Lestrobe e Dodro e a de Rianxo, todas pertencentes á provincia de Santiago.
No século XVIII o millo e a pataca vanse afacendo á lentura nos agros de Dodro, érguense no barroco as igrexas parroquiais e as arquitecturas palacianas que miran cara o río Ulla.
Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]
Durante a reinado de Fernando VII é cando se instauran os novos concellos constitucionais, coa chegada do liberalismo trala invasión napoleónica créanse os concellos de Lestrobe e Laíño no partido xudicial de Padrón a principios do século XIX pero en 1831 foron disolvidos. O concello de Padrón divídese en dous o 7 de xuño de 1836, formándose unha nova administración local chamada Dodro que integra as parroquias de Santa María de Dodro, que deixará de ser un couto redondo e pasará a ser só unha parroquia máis[26], San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño, dende aquela data o concello mantivo a mesma delimitación e configuración, e malia que sufriu varios intentos de supresión e incorporación ó de Padrón, nunca chegaron a producirse. A capital municipal está hoxe en Tallós mais non sempre foi así; a capital municipal estivo tamén en Lestrobe e en Vigo.

Luís Aguirre del Río, poeta en castelán e compositor galego, escribiu o primeiro dicionario bilingüe galego-castelán no ano 1858, con todo, por diversas vicisitudes o dicionario non veu a luz ata o ano 2007, cando foi publicado conxuntamente polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) de Madrid e o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento[27][28]. Suponse que escribiu o Diccionario del dialecto gallego mentres estudaba en Compostela.
Un feito importante acontecido en Dodro foi o Pacto de Lestrobe, xuntanza política no Pazo de Hermida en 1930 a que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacións políticas republicanas, entre outros estivo presente Santiago Casares Quiroga, acordaron a creación da Federación Republicana Gallega (FRG), que tiña como obxectivo principal implantar o réxime republicano democrático en España e loitar pola autonomía para Galicia.
Coa instauración da Segunda República Española e coa chegada posterior da guerra civil española sufriu Dodro unha dura posguerra, que marcou de xeito importante a vida do concello cun aumento da emigración. Foi durante o período da posguerra que se levaron as pedras do pazo do marqués de Bendaña xunto cos seus máis nobres elementos ornamentais ó pazo de Meirás en Sada.
Cultura[editar | editar a fonte]
Toponimia[editar | editar a fonte]
Pouco sabemos da etimoloxía de Dodro, que lle dá nome ó concello e a unha das súas parroquias, a de Santa María. Joaquín Torres del Río (2000) entende que Dodro e Dordo son diferentes grafías da mesma palabra. No Dicionario Etimológico da Lingua Portuguesa de J. P. Machado, dordo procedería de DORSUM, "cima", "crista de montaña".
Co significado de auga hai a base hidronímica preindoeuropea DOR (Douro) e a raíz céltica DUBRO (Dubra, Dover), próximas foneticamente.
Carlos Búa (2002) explica que Dodro podería proceder de DORO, "lugar/praza cerrada", en relación co foro latino, a partir dun radical D'WER, "(en)cerrar"[29].
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]
- Túmulos
Da cultura do Megalitismo consérvanse en Dodro varios restos; do Neolítico varias mámoas, na Paradegua existe unha necrópole formada por catro túmulos, dúas mámoas en Balouta e outra descuberta recentemente na Chisca; e do Calcolítico o sitio arqueolóxico do Riasós[30].
- As Mámoas da Paradegua son catro túmulos funerarios do Megalítico; moi preto hai outras cinco mámoas máis, xa no concello de Rianxo, distribuídas todas elas nun radio de 1,5 km e constituíndo unha necrópole Neolítica. Todas estas mámoas foron catalogadas na década de 1970[31].
- Petróglifos
Da Idade de Bronce hai varios gravados rupestres, como o petróglifo de Bouza Abadín, os da Carga e A Pedra Redonda (Vigo), Outeiro dos Corvos (en Susavila, cazoletas), A Cabana (Masenlle), Lomba das Pozas (Bustelo, dúas rochas con gravuras de cazoletas e unha ferradura), Padronelo (en Bexo) e Bouza Nova (na Igrexa, San Xoán de Laíño). Durante a construción de vivendas unifamiliares apareceron tamén lascas de seixo e cerámica campanense e do Bronce Inicial, o que se denominou como o sitio arqueolóxico de San Xián de Laíño[32].
- O Petróglifo de Bouza Abadín[33] é un grupo de varios gravados rupestres en seis penedos nas faldras do monte Padronelo, a 200 m da aldea de Imo. É un conxunto histórico-artístico da Idade de Bronce. Está constituído por combinacións de círculos concéntricos, cruces, coviñas e figuras zoomorfas moi esquematizadas.
- Castros
Da Idade de Ferro hai varios poboados castrexos, estando cinco deles catalogados: o castro de Bexo, o de Castro, o do monte Sián en Revixós, o de Lestrobe e o de Traxeito[29].
- O castro de Bexo está preto da aldea do mesmo nome, é o máis pequeno dos dous castros que se encontran en Bexo. O castro grande é coñecido pola veciñanza como as Murallas dos Castros ou O Castelo; ten forma alongada e conserva parte dos seus cintos pétreos de murallas circundando un gran socalco. Nas súas croas distínguense restos de vivendas e topáronse nel abundantes restos cerámicos[34].
- O poboado de Castro está ao sur da actual aldea do mesmo nome, no camiño que vén dende Imo, e está moi deteriorado.
- No Sián, en Revixós, atopáronse algúns fragmentos de cerámica de diferentes épocas (castrexa, romana e medieval). Inicialmente debeu ser asentamento da Idade de Ferro, ocupado en épocas posteriores ata que se formou a actual aldea de Revixós. Está moi alterado e non presenta estruturas visibles.
- O Castro de Lestrobe está nun outeiro a carón da aldea do mesmo nome, na ladeira do Monte do Castro. Manuel Murguía durante as súas estadías no Pazo de Hermida, observou fragmentos de tégulas, ladrillos romanos, restos de condución de cerámica moi fina e outros materiais.
- O Castro de Traxeito está na aba do monte Meismadela e culmina o val onde nace o río que será despois de Vigo ou de San Lufo. Ten unha croa redondeada e rodeada por diferentes socalcos; atópanse nel cerámicas e tégulas.[35]

- Estacións arqueolóxicas romanas
Os romanos empezan a asentarse militarmente no territorio, obrigando aos habitantes dos castros a abandonalos e establecerse nos vales que é cando aparecen as primeiras villae, ligadas ás explotacións agrícolas[20].
- Castelo de Monte Vilar no monte de San Gregorio: Asentamento romano medieval. Parece ser que se trata dun castro refortificado durante a Idade Media. Apareceron fragmentos cerámicos.
- Castro da Veiga de Abaixo, preto do río Ulla, en Bexo: posible asentamento de época romana no que apareceron tégulas.
- Castelo Vello, na veiga de Lestrobe hai unhas leiras á beira do leito vello do río Sar que se chaman Castelo Vello; son varios os historiadores que pensan que Lestrobe foi unha villae romana, á beira da gran civitas de Iria[29].
Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]
Os elementos do patrimonio arquitectónico de Dodro foron estudados nun traballo desenvolvido polo concello no 2009-2010, que consistiu no inventariado dos elementos da arquitectura de Dodro, centrándose principalmente nos hórreos, cruceiros, pombais e reloxos de sol[36].

- Pazos
Entre os pazos, destacan o pazo de Tarrío, do que saíu o ministro de facenda de 1822 Luís López Ballesteros; o pazo de Lestrobe, antiga residencia de verán dos bispos e cóengos de Santiago de Compostela; o pazo de Hermida, declarado Ben de Interese Cultural, todos eles pazos actualmente en perfectas condicións; o pazo do marqués de Bendaña está derruído.
- O pazo de Hermida é un dos lugares máis singulares de Dodro; está declarado Ben de Interese Cultural. Mencionase nas Cantigas de Santa María, foi residencia de Rosalía de Castro e Manuel Murguía e asinouse neste pazo o pacto de Lestrobe (26 de marzo de 1930). É moi antigo e coñécese tamén como as Torres de Lestrobe.
- O pazo de Lestrobe foi construído no século XVI, é propiedade do arcebispado compostelán e foi residencia de verán dos bispos e cóengos de Compostela, a capela esta dedicada ó Anxo da Garda e ofíciase misa nela. No patio un monumental chafariz do século XVIII coa figura de Santiago peregrino.
- O pazo de Dodro, foi propiedade do marqués de Bendaña, señor do couto redondo de Lestrobe e Dodro, está derruído e a súa torre de estilo barroco compostelán amais os seus principais motivos ornamentais foron parar ó pazo de Meirás.
- Igrexas
As igrexas parroquiais de Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño son templos do século XVIII de boa construción barroca.
A ermida de Santo Amaro de Bexo é do século XVII e garda dúas imaxes antigas en pedra; a capela da Virxe do Leite en Laíño é de época neoclásica, conserva unha imaxe pétrea medieval que debe ser dun templo anterior. A capela do Anxo da Garda está no Pazo de Lestrobe e ofíciase misa nela.
- A Igrexa de Santa María de Dodro é obra do mestre compostelán Simón Rodríguez, comezouse no 1719. No interior destaca o retablo maior, é o primeiro retablo deseñado por Simón Rodríguez, profusamente decorado e de intensos dourados, de arredor de 1740; os catro altares colaterais son obra de Francisco de Lens e Juan Domínguez Estivada. No exterior, a fachada de liñas elementais presenta un frontón triangular que resgarda á Virxe da Asunción, a torre do campanario é de tres corpos[37].
- A Igrexa de San Xián de Laíño foi obra do mestre Manuel de la Torre Ferreiro, empezouse a súa construción cara ó ano 1740 e rematouse no 1745. O retablo maior é de finais do período barroco e finalizouse en 1756; os retablos laterais foron encargados a Francisco Núñez de Boiro en 1764.
- A Igrexa de San Xoán de Laíño; sábese que se estaba a construír en 1765. A edificación barroca de liñas elementais, ten un campanario lanzal de dous corpos que se fixo con posterioridade, perfectamente incluído nos muros. O retablo é neoclásico co San Xoán no centro.
- Cruceiros
Canto ós cruceiros, inventariáronse un total de 30 (descartando os de construción máis recente), sendo todos do tipo de varal con excepción dun exemplar de cruceiro de capela ou loreto; a Cruz de Avelán.
Dos cruceiros de varal, os máis antigos datan do século XVIII; a maioría construíronse nos séculos XIX e XX. Hai un só calvario e dous exemplos de cruceiros de parada ou cruceiros con pousadoiro. As tradicións asociadas a estes elementos están dentro dos usos tradicionais que se lles dá en Galicia: parada nos cortexos fúnebres e nos camiños sacramentais; punto de parada en procesións; usos devocionarios con ofrendas e rezos ou lugar enterro de nenos sen bautizar ou abortos.
- A Cruz de Avelán é un cruceiro de capela de 1672. Este tipo de cruceiros só os atopamos nos concellos pertencentes á península do Barbanza e os situados entre os ríos Ulla e Tambre.
- O Cruceiro de Bustelo, do século XIX e cun antigo uso funerario.

- Hórreos
No que respecta ós hórreos, contabilizáronse máis de 200 exemplares de máis de cen anos de antigüidade. O tipo que atopamos no territorio municipal é o denominado Maía (característico da zona central de Galicia). Os exemplares máis antigos datan da segunda metade do século XVIII, tendo tamén exemplares do século XIX e do XX. Destaca a orixinal concentración de hórreos no lugar da Lavandeira en Imo. En Castro un hórreo coa peculiaridade que ten no medio un arco de medio punto.
- Os Hórreos da Lavandeira constitúen un grupo singular, con once hórreos do século XVIII actualmente restaurados, representando un dos conxuntos máis importantes de Galicia.
- Muíños
Hai diversos muíños no concello, mesmo un muíño de vento en Chenlo, arriba da aldea da Igrexa. Coa excepción deste muíño de vento, en Dodro os muíños son hidráulicos de dous tipos; uns de canle e outros de cubo, case todos en ruínas aínda que algún se restaurou nos últimos anos.
- O muíño da Devesa ou muíño de Valentín, construído arredor de 1926, é un muíño de regato utilizado para moer gran. Antigamente tamén se utilizaba para producir electricidade. Unha particularidade deste muíño é a grande altura que se tentou acadar na construción da canle para darlle forza á auga e facelo funcionar[38].
- Reloxos de Sol
No que respecta aos reloxos de sol, foron inventariados no territorio municipal 18, todos en granito e de diferente factura (circulares, cuadrangulares, con ou sen decoración). Sitúanse maioritariamente en hórreos, a xeito de remate, sendo visibles tamén nas paredes das vivendas, muros de cerramento e portadas de entrada ás propiedades.
Na súa maioría son verticais ortomeridianos (orientados exactamente ao sur), aínda que hai un exemplar de reloxo de forma cúbica, con tres reloxos: un ortomeridiano e dous meridianos (un cara ó leste e outro cara ó oeste). Dous deles teñen como soporte unha columna, repousando o resto sobre ménsulas ou bases cuadrangulares. Só atopamos un exemplar que ten visible algunha inscrición.
- Pombais
O pombais contabilizados no concello suman un total de 20, destacando o lugar de Imo con 7 exemplares. Ningún é anterior ó século XVIII, época da construción dos conxuntos arquitectónicos existentes nas casas reitorais, pazos, e casas grandes. A súa tipoloxía é maioritariamente de planta cilíndrica, con dous exemplos de planta rectangular e un de planta poligonal. As súas cubertas, xeralmente de tella do país, son cónicas, de ferradura, a unha ou dúas augas ou con cuberta poligonal. Algúns aínda conservan os buracos interiores para os niños das pombas e a mesa onde se lles botaba o gran.
Patrimonio cultural[editar | editar a fonte]
- A Casa da Cultura; está situada en Tallós, é actualmente a biblioteca pública de Dodro[39] pero noutros tempos foi a Casa dos agricultores de Dodro e utilizouse tamén coma escola, fundada pola Unión de residentes de Dodro na Arxentina que pagaron amais os gastos do mestre ata o ano 1956. Dende o ano 1998 ata o 2002 acolleu o consistorio municipal mentres non se remataron as obras de reforma na Casa do Concello[40].
- O Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi instituído en 1988 polo concello co obxectivo de contribuír á reafirmación da lírica galega e honrar ó poeta Eusebio Lorenzo Baleirón[41].
Patrimonio natural[editar | editar a fonte]
- As Brañas de Laíño
- Artigo principal: Brañas de Laíño.
As Brañas de Dodro son o espazo húmido máis grande de Galicia[9] con 954,20 ha[13], albergan unha gran riqueza fáunica, ambiental e ecolóxica. É o hábitat de máis de sesenta especies de aves, algunhas moi escasas ou destacadas, un bo feixe de plantas de elevado interese, e en xeral unha importante reserva da biodiversidade. Forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza da Rede Natura 2000, estando declaradas como zona especial de conservación[10] (foi previamente LIC).

Nas canaveiras do río Ulla aniña unha subespecie da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subs. lusitánica)[42], tamén nas súas augas rebole a anguía (Anguilla anguilla)[43], ámbalas dúas en perigo crítico de extinción; na cunca do río habita a náiade ou mexillón de río (Margaritifera margaritifera), especie en perigo de extinción e especies ameazadas como a toupa de río (Galemys pyrenaicus) en situación vulnerable[44][45] ó igual que a folosa acuática (Acrocephalus paludicola); tamén se poden ver outras especies raras como o picanzo vermello (Lanius collurio) e outras aves máis comúns como a fulepa das xunqueiras (Acrocephalus schoenobaenus), a garza real (Ardea cinerea), a aguia perdiceira (Aquila fasciatus), o gabián (Accipiter nisus), o ouriolo (Oriolus oriolus), a gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), o cardeal (Pyrrhula pyrrhula)…
Están presentes neste hábitat aluvial os anátidos, destacando principalmente o Lavanco, parrulo moi común nestas latitudes ou a cerceta (Anas crecca)[46]. Aparecen especies de aves estacionais como a bubela (Upupa epops) ou a Rula (Streptopelia turtur).
Nas augas do Ulla péscanse as lampreas (Petromyzon marinus) que remontan o curso do río, que xunto coas anguías se poden degustar como pratos da gastronomía local[47][48], encontramos tamén a zamborca (Alosa alosa), que en Galicia só desova nos ríos Ulla, Umia e Miño; ou o salmón (Salmo salar). Tamén esta presente o porco bravo (Sus scrofa), prezado pola súa carne na gastronomía local, que experimentou un intenso crecemento da súa poboación nos últimos anos, reprodúcese e agochase nas brañas[49].
Canto ás especies vexetais, medran aquí bosques aluviais de ameneiros (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix atrocinerea) e freixos (Fraxinus excelsior), sabugueiros (Sambucus nigra), espadanas (Thypha sp), xuncos (Juncus sp), herba salgueira (Lonicera periclymenum), mentraste (Mentha rotundifolia), o narciso (Narcissus cyclamineus) e xaras (Cistaceae), entre outras especies características do clima oceánico[10].
Frei Martín Sarmiento no século XVIII fai mención das Brañas de Dodro, citadas no Diccionario geográfico universal (Barcelona, 1829-1834) de Madoz como as "famosas brañas de Laíño" no século XIX e mesmo cantadas por Rosalía de Castro nas súas poesías. Tamén foron prezados os seus produtos en toda a península ibérica, destacando os chamados "bois de Laíño" ou os tecidos de xunco. En Padrón no século XVIII había tecedores de liño, de la e de xunco; o xunco usábase para facer corozas, capas e polainas[50].
- Rutas de sendeirismo
Dodro ten amais das Brañas unha grande extensión de montes, nos que se poden admirar as paisaxes, os bosques e as vistas panorámicas do val do Ulla. Os itinerarios que se describen son de fácil acceso e están ben comunicados entre si polo que poderemos variar os percorridos ó noso parecer.
Hai tres itinerarios circulares polos montes do concello; o da Cruz de Avelán, o de Vigo e o de Lestrobe[51]. Descríbese tamén o itinerario circular de Imo e un percorrido polas Brañas de Dodro. Finalmente a Ruta literaria Pensa Nao, baseada na novela de Anxo Angueira do mesmo título.
- Ruta circular da Cruz de Avelán (7,65 km); de dificultade media-alta, na que poderemos contemplar a Cruz de Avelán, o muíño da Devesa e o petróglifo de Bouza Abadín atravesando os bosques de San Xoán de Laíño.[52]
- Ruta circular de Vigo (4,3 km); de dificultade media, atravesando os bosques do monte Balouta, dende onde se poden contemplar panorámicas de Dodro e das Brañas e máis o río Ulla.[53]
- Ruta circular de Lestrobe (2,7 km); de dificultade media-baixa, no que descubriremos os espazos naturais que achega o concello.[54]
- Ruta circular de Imo (8 km); de dificultade media baixa, que nos levara dende os hórreos da Lavandeira, pola "pedra que abanea"[55], ós petróglifo de Bouza Abadín amais a Cruz de Avelán e a Castro, de onde se contemplan vistas das Brañas de Laíño.[56]
- Paseo polas Brañas de Dodro (13 km); de dificultade baixa, comeza cunha subida ó monte Balouta para divisar o trazado do itinerario, continuando o paseo polas brañas á beira do río Ulla, por terreo chan e asfaltado ata a Veiga de Abaixo en Bexo, regresando de volta polo mesmo camiño.[57]
- Ruta literaria Pensa Nao; inspirada na novela de Anxo Angueira do mesmo título, no que se recrea o lugar ficticio de Sernanselle que se asocia con Manselle, aldea de Dodro desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla e que nos leva a facer un percorrido polos espazos naturais do concello.[58]
Etnografía[editar | editar a fonte]
Dodro na cultura popular[editar | editar a fonte]
- Poesía
Aparece Dodro plasmado na obra da poetisa de Galicia Rosalía de Castro, nas estrofas de "Como chove miudiño", poema 32 de Cantares gallegos (1863):
- Como chove miudiño, / como miudiño chove, / pola banda de Laíño, / pola banda de Lestrobe.[59]
- Refraneiro
- De Lestrobe, nin bo porco nin bo home.[60]
- Polas brañas de Laíño vintecinco xastres van, con agullas e tesoiras para capar unha ran.[50]
- Cantigueiro
- Aquelas nenas de Dodro / ben se poden alabar, / teñen ó señor San Campio / vestido de militar.[61]
- Elas de Laíño son, / collen o xunco na braña / e vano vender a Padrón.[61][62]
- De Laíño deben ser / onde elas lavan a cara / calquera pode beber.[63][64]
- Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño [65]
- Bravú
No tema "Nitramón 15 15 15", canción bravú interpretada polo Pinto d'Herbón.
- No concello de Dodro hai un problema... / un problema que hai qué ver! / as vacas de Laíño non van a "Chanteclair"[66]!![67]
- Ritos e supersticións
- O río de San Lufo
- Véxase tamén: Río de San Lufo.
En Dodro tamén aparecen tradicións vinculadas a antigas supersticións; coma a do río de San Lufo, no que se somerxía ós nenos que padecían algún mal tres veces, nas súas augas[68][69].
A Vigo, e aquí a casa do Marqués de Abendaña e a súa data 1643; e antes está o río ou regato de San Lufo, porque río arriba está unha ermida de San Lufo. Hai aquí a superstición de bañar os nenos enfermos neste río. Lévanos con camisa, báñanos tres veces, e despois deixan ir a camisiña polo río e póñenlle outra nova. Se a camisiña flota, din ser sinal de que vivirá o neno, e se se vai ó fondo, que morrerá.
Facíase nun meandro do río, á beira do lavadoiro do cura, arriba da ponte que daba acceso á aldea. Acudía xente de moi lonxe a curar os meniños do "mal do aire" e contan os que o lembran que quedaban despois as beiras do regueiro cheas de camisiñas brancas.
Hai quen di que a figura do santo estaba enterrada no río, baixo as areas do prado do cura, sábese que a tradición persistiu ata tempos recentes e que foron moitos os rapaces que bañaron en secretas noites de luar nas augas milagreiras do San Lufo.
A práctica do baño salutífero repítese con pequenas variantes noutras localidades. F. Alonso Romero achega probas de que tamén se practicaba en Irlanda e na Bretaña francesa, só que alí a camisa deixábase secar e púñaselle ó neno coma amuleto contra todo tipo de enfermidades. No río Mau, en Salamonde (Portugal) relata Elixio Rivas un ritual semellante no que a camisa se bota ó río desde o alto dunha fervenza dicíndolle "na viagem para o mar a doença levarás que esta criança trás". Cuevillas cóntanos que en Tui se deixaba nun cesto a roupa dos nenos enfermos e que se botaba polo Miño abaixo, cunha vela acendida. Se a vela se apagaba... mal agoiro.
A primeira referencia escrita que atopamos sobre o río de San Lufo e no Diccionario geográfico universal de Madoz como San Luf e no Catastro de Ensenada como San Lufe. Canto á Capela de San Lufo, fai mención dela o Padre Sarmiento a mediados do século XVIII, porén xa non se cita nos Libros de fábrica[71] de Dodro, que empezan no 1790; actualmente non se conserva a capela.
O nome do santo debe de ser xermánico, emparentado coa partícula ufe/ulf, lobo. Algúns nomes da historia medieval de Galicia levan esa terminación; coma Ataúlfo bispo de Iria ou Ulf o viquingo, alcumado "o galego". Non hai no Nomenclátor ningún outro Lufo amais do de Dodro, que parece voz antiga.
Festas e celebracións[editar | editar a fonte]
- Festas patronais
- Festa de Santo Antonio Abade de Tallós; transcorre a fin de semana máis próxima ao 17 de xaneiro (na actualidade non se está celebrando).
- Festa do Belén de Bexo, na honra de San Amaro e da Virxe do Belén; a mediados de xaneiro.
- Festa de Santo Antonio de Teaio, o día 15 de xullo.
- Festas do Carme de Bexo, na honra da Virxe do Carme; o venres e sábado seguintes ó 16 de xullo.
- Festas do San Campio de Dodro, na honra de San Campio, San Roque e Santa Lucía; o domingo, luns e martes seguintes ó 15 de agosto.
- Festa dos Aflixidos de Lestrobe, na honra da Virxe dos Aflixidos; o último domingo do mes de agosto e o luns e martes seguintes.
- Festas de Imo e Castro en Imo, na honra de San Roque e da Virxe das Dores; o primeiro domingo de setembro e o luns seguinte.
- Festa da Virxe do Leite de Laíño, na honra da Virxe do Leite e Bo Parto e San Roque; o domingo, luns e martes seguintes ó 8 de setembro.
- Festa de Manselle, na honra da Virxe das Dores, o último domingo do mes de setembro (na actualidade non se está celebrando).
Tradición oral[editar | editar a fonte]
A Asociación de veciños de San Xoán de Laíño no ano 1993 recolleu as historias transmitidas oralmente que aínda se conservan, facendo un rigoroso inventario etnográfico da parroquia. Hai lendas que falan do Apóstolo Santiago, lendas sobre códices (o Libro de San Cibrán) e de encantamentos, outras lendas falan dos mouros; na Eira dos Mouros en Bexo dise que non medraba o toxo porque estaban enterrados nela os mouros, hai en Castro un outeiro denominado A Coroa da Raíña Moura; tamén hai lendas da Santa Compaña, como noutros moitos lugares de Galicia[72].
- A lenda xacobea
Moitas das historias están relacionadas coa "lenda xacobea"; contan os veciños que as cazoletas que se ven nos penedos de Bouza Abadín son as pegadas que deixaron os cascos do cabalo do Apóstolo cando brincou dende aquí, por enriba do Ulla, ata Cordeiro. Á laxe principal na que están chámanlle a peneira, porque os buratiños que ten danlle ese aspecto, tamén están a lareira, a pía da auga, a tixola, a corte do cabalo etc.
A Pedra Redonda en Vigo ten na súa superficie covas ou cazoletas, quere tamén a tradición popular que sexan as pegadas do cabalo do Apóstolo. No Castelo de Bexo atopamos unha laxe granítica na que se di que rezaba o Apóstolo; chámase a Cama dos Mouros e fixéronse nela rituais de fecundidade.
- O Castro de Bexo
Hai lendas de tradición oral que falan do Castro de Bexo e das mámoas, historias de mouros e doncelas encantadas, de covas e tesouros, falan de ouro e longuísimos túneles que parten do castro, historias que se repiten case sen variación por toda a xeografía galega. Contan que é un lugar enfeitizado, que viñeron frades do convento de Herbón a romper o maleficio e que se viu saír ó demo en forma de raposo.
Outra das tradicións orais sobre o castro relata o saqueo de Almanzor e dunha cadea que iría desde aquí ata as Torres de Oeste para impedirlles o paso ós sarracenos.
- A fermosa señora das tesoiras
Andaba unha vella coas ovellas no monte próximo a Castro e tódolos días se lle aparecía unha fermosa señora, ofrecíalle cousas preciosas, a vella sempre se paraba a mirar tan prezados obxectos, mais un día preguntoulle a señora: -Señoriña, vostede que quere desta tendiña?; contestou a vella: -Ai!, eu quería aquelas tesoiriñas. Ó momento desapareceu o encantamento. Aquela noite apareceron as tesoiras chantadas na porta da casa da vella; xamais se volveu repetilo encanto.
Símbolos[editar | editar a fonte]
O escudo heráldico de Dodro foi aprobado polo Decreto 193/1995, do 16 de xuño (DOG nº 126, do 3 de xullo), da Xunta de Galicia onde di[73]:
Artigo único.-Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Dodro, que quedará organizado do seguinte xeito: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un piñeiro da súa cor, froitado do mesmo; bordura de goles, con oito vieiras de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.
Economía[editar | editar a fonte]
Sectores produtivos[editar | editar a fonte]
A base económica corresponde preferentemente ó sector servizos, estando practicamente a metade da poboación empregada neste sector. Un terzo da poboación activa de Dodro está empregada na industria, un 20 % dedicase a construción, sendo a poboación que se dedica exclusivamente á agricultura e pesca unha porcentaxe pequena da poboación activa no concello de Dodro.
O número de persoas que traballa no sector agrícola diminuíu considerablemente nos últimos anos ó igual que en moitos outros concellos de Galicia, sobre todo debido á reestruturación que está experimentando o sector agrícola, tratándose dun complemento á economía familiar pero non como primeiro medio de subsistencia.
A agricultura local consiste principalmente nun sistema minifundista de explotación directa, tradicional e familiar, pouco mecanizada e baseada nun sistema de policultivo destinado ó autoconsumo. Os principais produtos son a pataca, o millo, cultivos hortícolas, froitas e viño; ségase a herba nos prados e críanse porcos amais galiñas para producir ovos, tratándose en xeral dun suplemento para a economía doméstica.
A gandería está orientada cara a produción cárnica; especializada no gando bovino, aínda que tamén é importante o número de cabezas de gando porcino e equino que se mantén en réxime extensivo de semi-liberdade nas zonas máis elevadas do municipio.
Ademais destas explotacións gandeiras existe unha industria alimentaria implantada no concello orientada a produción cárnica de porcino, bovino ou avícola e de produtos conxelados do mar.
Canto ó paro rexistrado; había 273 persoas en situación de desemprego en outubro de 2014[74], representando o 14,99 % da poboación activa[75].
- Gráfico de sectores de produción no ano 2001[76]:
- Taxa de paro no concello en outubro de 2014[74]:
Paro total | 273 (14,99%) |
---|---|
menores de 25 anos | 12 |
maiores de 25 anos | 261 |
Infraestruturas[editar | editar a fonte]
Infraestruturas de transporte[editar | editar a fonte]
- Estradas: A estrada comarcal AC-305 une Padrón con Ribeira, comunica o concello coa estrada nacional N-550, coa Autoestrada do Atlántico AP-9 e coa estación de ferrocarril en Padrón e con tódalas vilas da península do Barbanza.[77]
- Autovías: A Autovía do Barbanza AG-11 permite unha comunicación rápida coas cidades e vilas do Barbanza e con Padrón, na comarca do Sar. Da acceso directo a Autoestrada do Atlántico.[77]
- Servizos de viaxeiros por estrada e autoestrada: A empresa Arriva comunica por estrada e autoestrada Dodro con Padrón e cas cidades de Ribeira e Santiago de Compostela e ás principais vilas do Barbanza.[78]
Infraestruturas turísticas[editar | editar a fonte]
No 2013 o concello conta cos seguintes servizos turísticos:
- Aloxamento: Dous hoteis en Lestrobe[79] e dúas casas de turismo rural.[80][81]
- Hostalería: Celebración de eventos no pazo de Lestrobe[82] e uns poucos bares e tabernas.[83]
Deporte[editar | editar a fonte]
Hai un polideportivo en Dodro, a pista está adaptada para xogar baloncesto, voleibol, tenis e fútbol sala ou balonmán; as instalacións albergan amais o ximnasio municipal. Hai varias pistas polideportivas ó aire libre distribuídas por todo o concello, mesmo unha pista de pádel municipal pechada de metacrilato e con piso de herba artificial en Lestrobe. O Campo de fútbol de Chenlo é de céspede artificial e xoga nel o CD Dodro.[84]
- CD Dodro: Equipo de fútbol que xoga no campo de Chenlo, naceu no ano 2000 como continuación do CD Bacelos, que a súa vez foi tamén a continuación do Laíño CF, histórico club de fútbol dodrés, que chegou a xogar na primeira autonómica e a gañar 3 Copas do Sar.
Servizos públicos[editar | editar a fonte]
Educación[editar | editar a fonte]
O C.I.P. Eusebio Lorenzo Baleirón construíuse no Pazo, sobre as ruínas esquecidas da torre dos Soutomaior. Na década de 1970, en Bexo, Imo, Teaio, Traxeito, Chenlo, Dodro e Lestrobe construíronse as escolas unitarias, que son idénticas as doutras comarcas galegas. Actualmente só se imparte clase ós rapaces nas súas primeiras etapas de formación nas escolas de Bexo, Dodro, Chenlo e Lestrobe, por mor da regresión demográfica.
En Vigo hai unha gardería para ós máis cativos que forma parte das escolas infantís da Xunta de Galicia[85].
Antigamente deuse escola no Pazo, en Tarrío, e antes na Casa de Paco de Serodio, na que se conservan aínda algúns azulexos do rótulo. Así foi tamén noutras aldeas.
A escola de Tallós foi fundada pola Unión de residentes de Dodro na Arxentina, que seguiu pagando os gastos do mestre ata o ano 1956. A antiga escola, que fora a Casa dos agricultores de Dodro, acolle actualmente a biblioteca municipal[39] do concello.
Detrás da parede da escola / antes do trebón / a nube pensa / no rapas que xoga / á estornela.Haikú do poeta Ramón Reboiras, que estudou alí.
- Educación infantil e primaria:
- C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón, colexio público de Dodro.
- Educación infantil:
- Escolas unitarias de Bexo, Dodro, Chenlo e Lestrobe.
- Educación preescolar:
- A Galiña azul de Vigo, que pertence ás escolas infantís da Xunta de Galicia.
Sanidade[editar | editar a fonte]
A día de hoxe hai en Lestrobe un Centro Médico,[86] que depende do Servizo Galego de Saúde, e dúas farmacias, unha en Tallós e outra en Lestrobe.[87]
Política e goberno[editar | editar a fonte]
A Casa consistorial está hoxe en Tallós e data do ano 1906, aínda que foi amañada e ampliada con posterioridade; consérvase a fachada orixinal. Lestrobe e Vigo acolleron tamén a capitalidade municipal en tempos pretéritos. O primeiro alcalde do que hai constancia foi Domingo Manselle; alcalde a mediados do século XIX, e quen gobernou durante máis anos foi José Fernando Vila Brión, de 1979 ata o ano 2007[88]. Ocupa o cargo de alcalde na actualidade Xabier Castro Tourís[89].
Goberno municipal[editar | editar a fonte]
Francisco Xavier Castro Touris, do PSdeG, é alcalde dende xuño de 2019[90]. Conseguiu a alcaldía tras dúas maiorías absolutas do PP nas elección municipais de 2011 [91], revalidada de novo nas eleccións municipais de 2015 a maioría absoluta[92].
Dodro contou con catro alcaldes dende que se instaurou a Constitución española de 1978, logo da Transición; José Fernando Vila Brión (UCD, 1979-1983; CP, 1983-1987; CPG, 1987-1991; PPdeG, 1991-2007), Arturo Díaz Díaz (PSdeG-PSOE, 2007-2011), Valentín Alfonsín Somoza (PPdeG, 2011- 2019) e Xabier Castro Tourís (PSdeG, 2019- ).
Grupos municipais[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Eleccións municipais en Dodro.
O pleno do concello está composto por once edís, que se reparten do seguinte xeito; 5 para o PPdeG, 3 para o PSdeG-PSOE, 2 para Unidade Veciñal de Dodro e 1 para o BNG[93]. O goberno municipal está composto actualmente polos concelleiros do PSdeG, xunto cos de Unidade Veciñal de Dodro e mais os do BNG, pasando á oposición o PPdeG.
Concelleiros | Votos | % | |
---|---|---|---|
PPdeG | 5 | 800 | 40,30 % |
PSdeG-PSOE | 3 | 498 | 25,09 % |
Unidade Veciñal de Dodro | 2 | 379 | 19,09 % |
BNG | 1 | 294 | 14,81 % |
O goberno municipal, a xuño de 2019, está composto por concelleiros[94]:
- Alcalde e concelleiro de Economía, Facenda, Industria e Sanidade: Xabier Castro Tourís.
- 1ºTenente-Alcalde e concelleiro de Ordenación do Territorio, Obras e Servizos : Ramón Abuín Gómez.
- Concelleira de Igualdade, Xuventude e Relacións Veciñais: Ana Muñiz.
- 2º Tenente-Alcalde e concelleiro de Cultura e Patrimonio : Xoán Xosé Vicente Franco.
- Concelleiro de Educación, Deportes e Emprego : Abel Tarrío Abuín.
- 3° Tenente-Alcalde e concelleiro de Servizos Sociais e Benestar Social: Xoán Bautista Mariño Abuín .
Cooperativas[editar | editar a fonte]
En Dodro non hai nin houbo organizacións sindicais de ningún tipo, aínda que si houbo dúas cooperativas gandeiras, a de Produtores de Laíño e La Unión amais tres sociedades de seguros mutuos de gando vacún e porcino en Vigo, Revixós e Lestrobe. A cooperativa de Produtores de Laíño dedicábase á recollida e venda de leite, o leite vendíase logo na praza compostelá de Cervantes; tanto esta cooperativa como La Unión desaparecen ó comezo da guerra civil.
Canto ás asociacións de seguros mutuos de gando vacún e porcino a primeira en fundarse foi a de Seguros Mutuos de Vigo arredor de 1908, renovándose os cargos anualmente segundo a normativa vixente. Consérvanse poucos datos e case todos referidos á renovación dos cargos, hai algunhas mencións de gastos e pequenas incidencias. No 1929 fúndase a sección de seguros mutuos de porcino en Vigo cos obxectivos de veterinario e menciñas para os socios, indemnización para as mortes de gando e recadación dos cartos entre os socios para tales fins. Para formar parte da sociedade non se podía ter gando vacún.
No 1920 fúndase a Sociedade de Revixós de gando porcino. No 1923 créase a Sociedade de Seguros Mutuos de Lestrobe de gando vacún e porcino co obxectivo de indemnizar as perdas de gando. No 1932 fúndase a Unión de Lestrobe (seguros mutuos de gando vacún e porcino) cos obxectivos de indemnizar as perdas de reses ós socios, ademais de veterinario e menciñas[95].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Dodro.
|
Parroquias[editar | editar a fonte]
Dodro é un concello rural; as vinte e seis aldeas que configuran o municipio distribúense en 3 parroquias: San Xoán de Laíño, Laíño e Dodro, ocupando os 36,1 km² de superficie que ten o concello e albergando ós 2.934 habitantes.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dodro | |
---|---|
Dodro (Santa María) | Laíño (San Xián) | San Xoán de Laíño (San Xoán) |
Lugares de Dodro[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Lugares de Dodro.
O concello non ten ningún núcleo de poboación de entidade; a estrada AC-305 atravesa o concello por onde se sitúan os núcleos de poboación máis importantes, que concentra a maior parte da poboación. O núcleo de poboación de maior entidade é Lestrobe con 631 habitantes; logo hai aldeas como Imo con 347 ou Bexo con 278 habitantes que concentran boa parte da poboación[96].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Dodro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Concello de Dodro na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ 8,0 8,1 Series históricas de poboación de Galicia. Consultado o 28 de agosto de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 Concello de Dodro: Patrimonio natural; Brañas de Laíño. "As Brañas son o espazo húmido máis grande de Galicia e albergan unha gran riqueza ambiental".
- ↑ 10,0 10,1 10,2 44. ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza (ES1140001): DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas de especial conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Publicado no DOG o 31 de marzo de 2014.
- ↑ Quintana García 1993, pp. 477-478
- ↑ Mapa Xeolóxico Nacional, na folla Padrón, Nº 120 (04-08), escala 1:50.000
- ↑ 13,0 13,1 PXOM de Dodro: Estudio do medio rural. Espazos de interese natural e paisaxístico, en pdf; "Dentro do concello atopámonos co esteiro do Ulla de 954,20 ha".
- ↑ Mapa de Cultivos e Aproveitamentos do Instituto Xeográfico Nacional, na folla Padrón, Nº 120 (04-08), escala 1:50.000
- ↑ Figueira, pp. 7
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (2013): Dodro (Santa María) Arquivado 12 de novembro de 2014 en Wayback Machine.; Laíño (San Xulián) Arquivado 12 de novembro de 2014 en Wayback Machine.; Laíño (San Xoán) Arquivado 12 de novembro de 2014 en Wayback Machine.. Relación de unidades de poboación.
- ↑ Instituto Galego de Estatística (2013): Poboación segundo sexo e grupos quinquenais de idade.
- ↑ 18,0 18,1 Instituto Galego de Estatística (2013): Principais nacionalidades estranxeiras no concello Arquivado 30 de outubro de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ "Dodro. Restos Arqueológicos" Arquivado 12 de maio de 2014 en Wayback Machine., Guía de viajes y turismo por Galicia (2011-2013), en castelán.
- ↑ 20,0 20,1 Romanización de Galiza/Galicia I, no blog O Noso Patrimonio.
- ↑ Fernández Rodríguez, Manuel (1967): La Expedición de Almanzor a Santiago de Compostela”. Cuadernos de Historia de España. Buenos Aires: Facultad de Filosofía y Letras.
- ↑ Terra de Santiago, no blog de Refoxeiro O miradoiro da Revoltiña.
- ↑ Galicia Diplomática nº 11 (ano 2) (1883): Arquivo destruído do Real mosteiro de San Martiño Pinario.
- ↑ Tomás González (1982): Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI. Con varios apendices para completar la del resto de la península en el mismo siglo. Instituto Nacional de Estadística.
- ↑ Rodríguez González, Angel; Varela Jácome, Benito (1950): Memorias del Arzobispado de Santiago. Jerónimo del Hoyo (1607). Porto y Cía.
- ↑ Santa María de Dodro, no blog de Refoxeiro O miradoiro da Revoltiña
- ↑ Editan 'O Diccionario del Dialecto Gallego de Luis Aguirre del Río' Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., en El Correo Gallego (comprobado o 27-5-2015)(en castelán).
- ↑ O Diccionario del dialecto gallego de Luís Aguirre del Río, ISBN 978-84-00-08609-1
- ↑ 29,0 29,1 29,2 29,3 Lorenzo Baleirón 2008
- ↑ "Xacemento arqueolóxico máis antigo de Dodro", artigo de Refoxeiro no blog O miradoiro da Revoltiña, 18 de setembro de 2009.
- ↑ As mámoas da Paradegua, no blog de Refoxeiro O miradoiro da Revoltiña.
- ↑ Petróglifos de Galiza/Galicia I, no blog O Noso Patrimonio, xullo de 2011.
- ↑ Petróglifo de Bouza Abadín 3 na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Castro de Bexo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Castro de Traxeito na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Concello de Dodro: Patrimonio arquitectónico; inventario dos elementos do patrimonio arquitectónico de Dodro realizado no 2009-2010.
- ↑ Folgar de la Calle, María del Carmen (1989): Simón Rodríguez: Catalogación Arqueólogica y Artística de Galicia del Museo de Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña).
- ↑ Muíño da Devesa, artigo de Refoxeiro no seu blog O miradoiro da Revoltiña.
- ↑ 39,0 39,1 Biblioteca municipal. Concello de Dodro.
- ↑ Dodro recupera el edificio consistorial tras cuatro años en la Casa da Cultura Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine., en La Voz de Galicia, en castelán.
- ↑ Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Concello de Dodro
- ↑ SEO-BirdLife: Escribenta das canaveiras en España, en pdf. I Censo nacional (2005); "hai tres zonas húmidas galegas especialmente importantes que acollen el 52% da poboación de Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica: Dodro (14-16 parellas), Noia-Serra de Outes (10 parellas) e A Guarda-O Rosal (10 parellas)", páxina 23, en castelán.
- ↑ Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: Resolución do 3 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2013. Publicado no DOG o 18 de febreiro de 2014.
- ↑ Medio Rural promove a recuperación de especies nos cursos do río Ulla Arquivado 09 de novembro de 2014 en Wayback Machine.. No xornal Galicia Hoxe, o 2 de xuño de 2011, en castelán.
- ↑ Margal Ulla é o proxecto que a Xunta de Galicia desenvolve no período 2010-2015, no marco do programa Live+ da Unión Europea, para a recuperación das poboacións de naíade ou mexillón de río, Margaritifera margaritifera L. 1785, e da toupa de río, Galemys pyrenaicus Geoffroy 1811, na cunca do río Ulla.
- ↑ Guía para as Brañas de Laíño Arquivado 09 de novembro de 2014 en Wayback Machine., en pdf, da asociación Verdegaia (setembro de 2008).
- ↑ Arrinca a campaña da lamprea no río Ulla, en La Voz de Galicia, 12 de xaneiro de 2014.
- ↑ Comeza a campaña de pesca da anguía no río Ulla Arquivado 09 de novembro de 2014 en Wayback Machine., informativos da CRTVG, 20-2-2014.
- ↑ Os xabarís resgárdanse nas Brañas de Laíño, en Dodro, zona libre de caza, en La Voz de Galicia, 12 de abril do 20013.
- ↑ 50,0 50,1 Manuel Lorenzo Baleirón; Reflexión sobre as brañas de Laíño Arquivado 19 de decembro de 2014 en Wayback Machine., en El Correo Gallego, 15-7-2008.
- ↑ Itinerarios ambientais
- ↑ Ruta circular da Cruz de Avelan
- ↑ Ruta circular de Vigo
- ↑ Ruta circular de Lestrobe
- ↑ "Imo tamén ten pedra para abalar", en La Voz de Galicia (26-10-2014).
- ↑ Ruta circular de Imo
- ↑ Paseo polas brañas. Goza do Ulla
- ↑ Ruta literaria Pensa Nao
- ↑ ""Como chove miudiño"". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 11 de maio de 2014.
- ↑ Recollido por Anxo Angueira en Iria, Xerais (2012). Refrán recompilado no Tesouro Informatizado da Lingua Galega do Instituto da Lingua Galega.
- ↑ 61,0 61,1 Cantos Populares, en pdf. Recollidos por Rosalía de Castro.
- ↑ Alalá recollida na web Folkoteca Galega: Alalá e partitura.
- ↑ Recollido por Fermín Bouza Brey en "Los Cantares gallegos o Rosalía y los suyos entre 1860 y 1863", nos Cuadernos de Estudios Gallegos XVII (1963) do IEGPS.
- ↑ Recollido por Ramón Cabanillas en Antifona da Cantica, Editorial Galaxia, 1951, páxina 62.
- ↑ Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Teayo. Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño (Dodro), estremeira da do Araño (Rianxo). Rabizas son as follas tenras do nabo.
- ↑ A Discoteca Chanteclair, unha sala de festas situada no concello de Valga.
- ↑ ""Nitramón 15 15 15"". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2014. Consultado o 09 de novembro de 2014.
- ↑ Recollido por Manuel Murguía en "Galicia: Sus Monumentos y Artes: Su Naturaleza e Historia" (1888), en castelán.
- ↑ Recollido por Jesús Rodríguez López en "Supersticiones de Galicia" (1910), en castelán.
- ↑ Tradución da Galipedia do texto orixinal: A Vigo, y aquí la casa del Marqués de Abendaña y su fecha 1643; y antes está el río o riachuelo de San Lufo, porque río arriba está una ermita de San Lufo. Hay aquí la superstición de bañar los niños enfermos en este río. Llévanle con camisa, báñanle tres veces, y después dexan ir la camisita por el río y le ponen otra nueva. Si la camisita flota, dicen ser señal de que vivirá el niño, y si se va al fondo, que morirá.
- ↑ Abbé Michel André: Fábrica, entrada no Diccionario de Derecho Canónico (1848). Traducido ó español e ampliado por Isidro de la Pastora y Nieto, en castelán.
- ↑ Asociación de veciños de San Xoán de Laíño (1993): Preinventario do Patrimonio etnográfico de San Xoán de Laíño. Coordinador: Avelino Abuín de Tembra. Sen editar. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
- ↑ Decreto 193/1995, do 16 de xuño, polo que se aproba o Escudo heráldico do Concello de Dodro, en pdf.
- ↑ 74,0 74,1 Instituto Galego de Estatística: Paro rexistrado en outubro de 2014 Arquivado 30 de outubro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Instituto Galego de Estatística: Ficha socioeconómica do concello de Dodro. Poboación activa de Dodro no 2013: 1.821 persoas.
- ↑ Instituto Galego de Estatística: Sectores de actividade produtiva no ano 2001 Arquivado 30 de outubro de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ 77,0 77,1 Ministerio de Fomento: Mapa provincial (2012), en pdf. Consultado o 16 de novembro de 2014, páxina 15.
- ↑ Arriva: Liña Aguiño-Santiago Arquivado 19 de marzo de 2015 en Wayback Machine., en pdf. Consultado o 16 de novembro de 2014.
- ↑ Hoteis Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine., na web Terras de Iria.
- ↑ Turismo rural en Dodro Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine., na web Terras de Iria.
- ↑ Instituto Galego de Estatística: Aloxamentos turísticos Arquivado 30 de outubro de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ Hotel Monumento Pazo de Lestrobe Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine., na web Terras de Iria.
- ↑ Concello de Dodro: Hostalería.
- ↑ Instalacións deportivas. Concello.
- ↑ Escolas infantís Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. da Xunta de Galicia.
- ↑ "C.S. Dodro - Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (Hospitais, Centros de Saúde, Casas do Mar e Consultorios)". xxisantiago.sergas.es. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ "FARMACIA LESTROVE - Lestrobe, Dodro - Lestrove, 47 BAJO". www.paginasamarillas.es (en castelán). Consultado o 2020-02-07.
- ↑ Alcaldes de Dodro, no blog de Refoxeiro: O miradoiro da Revoltiña
- ↑ López, Uxía (15-06-2019). "Padrón e Rois repiten alcalde do PP e en Dodro sae elixido Xabier Castro, do PSOE". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2019. Consultado o 15-06-2019.
- ↑ "Xabier Castro, novo alcalde, asegura que os veciños terán o mando do Concello de Dodro". La Voz de Galicia. 16-06-2019. Arquivado dende o orixinal o 16-06-2019. Consultado o 16-06-2019.
- ↑ "Alfonsín considera que su victoria en Dodro tiene más valor por la alta participación", en La Voz de Galicia (24-5-2011), en castelán.
- ↑ Resultados das eleccións municipais 2015 en Dodro, no xornal La Voz de Galicia (25-5-2015).
- ↑ "Resultados das eleccións municipais 2019 en Dodro". La Voz de Galicia. 26-05-2019. Consultado o 28-05-2019.
- ↑ Organos de Goberno. Concello de Dodro.
- ↑ Asociacións agrarias, no blog de Refoxeiro O miradoiro da Revoltiña.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (2013): Lestrobe Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine., Imo Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine., Bexo Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine.. Núcleos de poboación máis importantes.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dodro ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Figueira, Silvia (ed.). Dodro, un concello para ver. Concello de Dodro.
- A. Rial e Paz Gago (1992): Dodro, Guía Turística. Concello de Dodro. Tradución ao galego de Anxo Angueira. Depósito legal: 1651-92.
- Xosé Luis Laredo, J. M. Laredo, Efrén Vázquez Vázquez: Dodro/Lousame/Rois. Deputación Provincial de A Coruña. Depósito legal: C. 1341-1989
- Lorenzo Baleirón, Manuel, ed. (2008). Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga. Concello de Dodro.
- Quintana García, Antonio, ed. (1993). Galicia pueblo a pueblo (en castelán). La Voz de Galicia. ISBN 84-88254-24-5. DL C-1400/1993.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Portal turístico Terras de Iria. Onde nace o Camiño Arquivado 09 de novembro de 2014 en Wayback Machine.; abrangue os concellos da comarca do Sar: Dodro, Padrón e Rois.
- Banco de datos municipal do Concello de Dodro Arquivado 27 de novembro de 2014 en Wayback Machine., Instituto Galego de Estatística (IGE).