Fermín Gutiérrez Lada
![]() | Suxeriuse que "Fermín Gómez Segura" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Fermín Gutiérrez Lada | |
---|---|
Alcume | Segura |
Nacemento | 1916 |
Lugar de nacemento | Sama |
Falecemento | 10 de outubro de 1953 |
Lugar de falecemento | Argozón |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fermín Gutiérrez Lada, coñecido como Segura, nado en La Zorera (Sama de Langreu) en 1916 e finado en Argozón (Chantada) o 10 de outubro de 1953, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Combateu no exército republicano na 28 Brigada Mixta, sendo ascendido a sarxento.[1] A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. O 20 de abril de 1949 no lugar do Piricallo milicianos do destacamento foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Samuel Mayo Méndez conseguiu saír do cerco, e Fermín, ferido, conseguiu fuxir chegando ata Cereixa onde se refuxiou na antiga casa reitoral.[2] Dende ese momento converteuse nun guerrilleiro solitario. O 10 de outubro de 1953, cercado pola Garda Civil en Argozón (Chantada), suicidouse.