Marie-Jeanne de Lalande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarie-Jeanne de Lalande

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1768 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de novembro de 1832 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónoma , matemática Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMichel Lefrançois de Lalande (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Marie-Jeanne-Amélie Le Francais de Lalande, nada co apelido Harlay en 1768 e finada o 8 de novembro de 1832, foi unha astrónoma e matemática francesa.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a filla ilexítima de astrónomo Joseph Jerome de Lalande (1732-1807). En 1788 casou cun curmán do seu pai, tamén astrónomo, Michel Le Francais de Lalande (1776-1839). O seu pai ensinou á nova parella os cálculos e os métodos da observación en astronomía.

Traballou estreitamente ao lado do seu pai e contribuíu a moitas das súas publicacións.

A súa reputación como muller científica é recoñecida por unha anécdota relacionada con Carl Friedrich Gauss: En 1806, durante unha campaña militar en Prusia, declarou que non coñecía máis ca unha muller francesa que traballase na ciencia, Madame Le François de Lalande.[3]

Morreu en 1832 aos 64 anos. A súa filla, foi chamada Caroline por Caroline Herschel, xa que a súa data de nacemento, 20 de xaneiro de 1790 foi o primeiro día que un cometa descuberto por Herschel foi visíbel dende París.[1] O seu fillo recibiu o seu nome por Isaac Newton.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Calculou as Tables horaires de marine, que foron publicadas na obra do seu pai Abgrége de navigation historique théorique et pratique avec tables horaires (1793). Estes cálculos valéronlle ao seu pai unha das medallas do Lycée des Artes para artistas e eruditos distinguidos.

O seu traballo tamén se publicou no almanaque anual do seu pai dende 1794 a 1806.

En 1799, estabeleceu un catálogo de 10 000 estrelas.

En 1791, a súa pericia en astronomía valeulle o privilexio de guiar o fillo do célebre astrónomo Jean Dominique Cassini na súa primeira observación no College de France.

Colabou tamén na escritura de Histoire céleste française escrito por Lalande e publicado en 1801. O traballo indica a posición de 50 000 estrelas.

O cráter De Lalande recibe o seu nome na súa homenaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Joy Harvey and Marilyn Ogilvie. Marie-Jeanne de Lalande. The Biographical Dictionary of Women in Science. 2. Marilyn Ogilvie and Joy Harvey (editors). New York and London: Routledge. p. 735. ISBN 978-0-415-92040-7.
  2. Poirier Jean-Pierre, Haigneré Claudie, Histoire des femmes en science en France, Du Moyen Age à la Révolution, Pygmalion, 2002.
  3. Calendrier Astronomes Françaises : du siècle des Lumières à l'ère spatiale, 2010.
  4. Joy Harvey and Marilyn Bailey Ogilvie. Marie-Jeanne de Lalande. The Biographical Dictionary of Women in Science. 2. Marilyn Ogilvie and Joy Harvey (editors). New York and London: Routledge. p. 736. ISBN 978-0-415-92040-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]