Asasinato de Andrei Karlov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O asasinato de Andrei Karlov ocorreu o 19 de decembro de 2016. Andrei Karlov, o embaixador ruso a Turquía foi mortalmente disparado por Mevlüt Mert Altıntaş na noite do 19 de decembro de 2016 nunha exposición de arte en Ancara, Turquía.[1][2][3][4] O asasinato tivo lugar após varios días de protestas en Turquía sobre a implicación rusa na Guerra Civil siria e a batalla sobre Alepo, aínda que os gobernos rusos e turcos negociaran un cesamento da loita.[1]

Perpetrador e ataque[editar | editar a fonte]

O asasino foi identificado como Mevlüt Mert Altıntaş, quen foi descrito como un oficial de policía turco, graduado na Escola de Policía de Esmirna no 2014.[5] Algunhas fontes informan que fora despedido da policía pola súa alegada implicación na tentativa de golpe de estado en Turquía en 2016.[6][7][8]

Cando Karlov facía un discurso nunha exposición de fotografía, Altıntaş realizou varios disparos contra o embaixador ruso, feríndoo mortalmente e ferindo outras persoas.[1][9]

Despois de disparar a Karlov, Altıntaş berrou: "Allahu Akbar (Deus é grande). Non esquezades Alepo, non esquezades Siria".[1][4][10][11] Altıntaş foi posteriormente abatido polas forzas de seguranza turcas.[12] Karlov foi levado ó hospital, mais morreu pola gravidade das feridas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Russian ambassador to Turkey Andrei Karlov shot dead in Ankara". BBC News (en inglés). 19 de decembro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  2. Walker, Shaun; Shaheen, Kareem; Chulov, Martin (19 de decembro de 2016). "Russian ambassador to Turkey killed in Ankara shooting". The Guardian. 
  3. "Russian ambassador shot dead in Ankara gallery". 19 de decembro de 2016 – vía Reuters. 
  4. 4,0 4,1 Gumrukcu, Tuvan; Butler, Daren (19 de decembro de 2016). Reuters, ed. "Russian ambassador gunned down in Ankara, Russian agency says killed". 
  5. "El asesino de Andrei Karlov, un policía turco de 22 años". La Gaceta. 19 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  6. TASS (ed.). "Killer of Russia's ambassador fired from police after July's failed coup in Turkey — media". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  7. Mail Online (ed.). "Russian ambassador to Turkey shot dead by gunman in Ankara". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  8. NewsComAu (ed.). "Reports emerge of gunman’s motive". 
  9. Shoichet, Catherine E.; Thompson, Nick; Grinberg, Emanuella. "Gunman shouted 'Do not forget Aleppo!' as he shot ambassador". CNN. Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  10. "Turkey: Russia's ambassador in Ankara killed in shooting attack by police officer". Haaretz. Reuters and the Associated Press. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  11. "Russian ambassador to Turkey dead: Andrey Karlov dies after being shot in Ankara". The Independent. 19 de decembro de 2016. 
  12. Umar, Farooq; King, Laura (19 de decembro de 2016). "Off-duty police officer identified in fatal shooting of Russia's ambassador to Turkey". Sun-Sentinel. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2016.